Exposición Con Xeito

Exposición Con Xeito

55 Estrada Gasset A Pobra do Caramiñal

Desde jueves, 14 de marzo 2019 hasta viernes, 29 de marzo 2019

Inauguración da exposición Con Xeito. Diversidade na arte, o vindeiro xoves 14 de marzo, ás 12.00 h na casa da cultura Raquel Fernández Soler.

Na variedade está o gusto”, e nós somos esa variedade. Así xorde esta exposición colectiva que amosa as diversas posibilidades de crear, interpretar e actuar do ser humano. De aí o título Con Xeito, que fai referencia a todas estas posibilidades.

 Esta mostra artística está protagonizada por catro artistas que forman parte do obradoiro de arte da Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional: catro estilos diferentes que van dende o POP ata a arte primitiva e que se xuntan co fin de muda-la percepción social da diversidade funcional. 

 Nas pezas que podemos contemplar dentro desta exposición, os e as artistas mostran a súa visión particular do mundo e do día a día, distintos xeitos de entende-larealidade e de expresala, como as coloristas interpretacións de Daniel Piñeiro e Yolanda Zurdo, os distintos estados de ánimo plasmados nas obras de Vanessa Rial ou a expresión da forza feminina e a visión da muller nas esculturas de Montse Queiruga.

Esta exposición busca xerar un diálogo real sobre a creatividade e o papel activo que as persoas artistas con diversidade funcional proporcionan á sociedade.