Semana Santa en Ribeira

Semana Santa en Ribeira

Ribeira C GA

Desde domingo, 14 de abril 2019 hasta domingo, 21 de abril 2019

A programación arrancará co Tridúo de Dolores (do mércores 10 ao venres 12) e que incluirá unha unción de enfermos o xoves ás 20.30 horas e un encontro con Djibril Fayé o venres ás 19 horas que terá lugar no salón parroquial e levará por título “Migrar é un dereito”.

 

O 14 terá lugar o Domingo de Ramos, en tanto que no Mércores Santo como novidade haberá unha representación da Pascua ás 21.15 horas por parte de 40 actores e actrices do grupo de teatro Arume. A entrada é libre. Previamente, ese mesmo día ás 20 horas o Concello organiza unha visita guiada á exposición “A Paixón” na que o seu autor, Plácido Amboage, falará das súas creacións ao longo de tres cuartos de hora aproximadamente. Tamén é de acceso gratuíto.

 

Procesión do Paso

O Xoves Santo traerá a tradicional Procesión do Paso (21 horas, con percorrido polas rúas Galicia, Romero Ortiz, Malecón, praza da Concordia, Galicia e Cristóbal Colón). A procesión estará acompañada da banda de música Isabel II de Touro e a banda de gaitas Os Castros de Ames. Outra novidade a este respecto é que igrexa permanecerá aberta toda a noite ata as 11 da mañá do Venres Santo para acompañar a Xesús en Xetsemaní.

 

No propio Venres Santo celebraranse o Sermón do Encontro (11.30 horas), a celebración da Paixón (19 horas), o Sermón das Sete Palabras e o Desencravo, acto este último recuperado o ano pasado e que volverá a contar coa participación de usuarios da UAD (20 horas) e a Procesión do Santo Enterro (21 horas).

 

No Sábado de Gloria terá lugar a Vixilia Pascual (22 horas) en tanto que o Domingo de Resurreción concluirá a programación coa celebración do Bautismo.