MAIO CULTURAL

MAIO CULTURAL

Ribeira C GA

Desde miércoles, 01 de mayo 2019 hasta viernes, 31 de mayo 2019

Un ano máis desembarcará no noso municipio o tradicional Maio Cultural que nesta ocasión traerá un total de 36 actividades coas que honrar o mes no que se conmemora o Día das Letras Galegas, nesta ocasión dedicado a Antonio Fraguas.

O alcalde Manuel Ruiz e o edil David Fernández presentaron este calendario de eventos coorganizado dende os departamentos de Cultura e Xuventude. O rexedor municipal fixo fincapé en que con esta iniciativa e coas que se celebrarán a continuación (o Xuño da Cultura e as Artes e a Fiestra da Cultura) “Riveira ponse no máis alto da programación cultural de Galicia”.

Entre as novidades cómpre destacar o chamado “Festivaliño”, un festival de cine infantil inclusivo que percorrerá as distintas parrroquias do municipio.

Ademais, haberá numerosas actuacións musicais como, por exemplo, o III Festival Interritmos de baile e música tradicional que haberá este sábado na praza da Porta do Sol da man de Deloa, o Concerto das Letras Galegas coas corais municipal e da illa de Arousa, un recital da Aula Galega de Saxofón, a Noite Nova co grupo local Platinum , unha ruada do grupo Andavía un espectáculo de Cantigas e Agarimos.

Exposicións, contacontos, concursos literarios, representacións teatrais e moitas outras iniciativas conforman unha programación de carácter gratuíto na que se atopan propostas atractivas para calquera tipo de público.