MOSTRA ESCOLA DE TEATRO AIRIÑOS, Unha de contos descontados

MOSTRA ESCOLA DE TEATRO AIRIÑOS, Unha de contos descontados

120 Paseo da Ribeira Rianxo

sábado, 22 de junio 2019 desde las 20:30 hasta las 22:30

A Escola do grupo de teatro Airiños de Asados, dirixida por Amantia Coello, organiza o 22 e o 28 de xullo unha Mostra de Teatro con diferentes representacións na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo

O sábado 22 de xuño as pezas que representarán son:

  • 18.00 horas: Xogamos a ...? Interpretada por Teatrinclis de Airiños.
  • 20.30 horas: Unha de contos descontados. Interpretada polo Grupo das 5.30.

A entrada é de balde ata completar capacidade e poden retirarse dende unha hora antes na billeteira do auditorio (máximo 2 por persoa). Recomendada para todos os públicos.

O venres 28 de xuño tócalle o turno aos máis maiores, os Patakamakabra, que ás 21.00 horas presentarán no auditorio Lendatarias.

Nesta ocasión a peza está recomendada para un público de a partir de 11 anos. Entrada de balde ata completar capacidade. Retirada dende unha hora antes do comezo da función (máximo 2 por persoa).