XII CAMPUS DE VERÁN NOIA PORTUS APOSTOLI

XII CAMPUS DE VERÁN NOIA PORTUS APOSTOLI

Rúa Rosalía de Castro Noia C

Desde lunes, 08 de julio 2019 a 10:00 hasta viernes, 12 de julio 2019 a 13:30

Dende hoxe e ata o seis de xullo esta aberto o prazo de inscrición para o XII Campus de Verán que organiza o Noia Portus Apostoli que desenvolverá os días 8,9,10,11 e 12 de xullo nos Polideportivos Agustín Mourís e no Alonso Rodríguez.
O campus está destino a nenos e nenas entre 5 e 15 anos, que contarán coa visita de adestradores e xogadores da Liga Nacional de Fútbol Sala e dirixido polo adestrador do primeiro equipo, Marlon Velasco.
O horario será de 10:00h a 13:30h. 
O prezo xeral é de 40 euros, 30 euros para aqueles nenos ou nenas que participaran na escola deportiva do Noia Portus Apostoli durante esta tempada. Contamos con un desconto para o segundo irmán dun 50%, e se realizas a túa inscrición antes do 25 de xuño, hai un desconto de 5 euros, que non é acumulable a outros descontos.

A inscrición inclúe, seguro de accidente, unha mochifiesta do Noia PA, a camiseta oficial do Campus, auga e merenda de media mañá e un diploma certificando a participación no mesmo.
A inscrición pode realizarse no  FORMULARIO DE INSCRICIÓN ou no Polideportivo Agustín Mourís en horario de 18:00h a 21:00h os días laboráis.
A hora de comezo do campus será o luns día 8 de xullo ás 10:00h no Agustín Mourís. Máis información no 691283803

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

INGRESO: ES84 2080 0381 0930 4000 4270 ABANCA.
CONCEPTO: NOME DO PARTICIPANTE.
O xustificante pode entregarse o primeiro día de Campus ou envíalo ao email administración@noiafutbolsala.com