IV CIRCUITO DE CARREIRAS AROUSA NORTE 2019


IV CIRCUITO DE CARREIRAS AROUSA NORTE 2019


2 Rúa Fernández Varela A Pobra do Caramiñal

domingo, 25 de agosto 2019 desde las 10:00 hasta las 14:00

O IV Circuito de Carreiras Populares Arousa Norte4 carreiras...1 metaé un programa de carreiras a pé que ten por obxecto fomentar a práctica da actividade física como medio para alcanzar unha vida máis saudable.

 

O Circuito contará co control técnico da Federación Galega de Atletismo e estará organizado conxuntamente polos concellos que forman parte da Mancomunidade Arousa Norte:

 

  • A Pobra do Caramiñal
  • Riveira
  • Rianxo
  • Boiro

 

No mesmo poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, sexan ou non federados/as no deporte do atletismo.

 

ARTIGO 1. PARTICIPACIÓN

 

As modalidades de inscrición no circuito serán 2:

 

  1. Participantes individuais nas probas do circuito: serán aqueles deportistas (adultos ou menores de idade) que se inscriben nunha ou en varias das probas das que se compón o circuito, pero que non participan na competición do circuíto. Deberán facer a inscrición en cada unha das probas INDEPENDIENTEMENTE nas que desexen participar.

 

  1. Participantes no circuito: serán aqueles deportistas (adultos ou menores de idade) que se inscriban na modalidade de circuito co obxectivo de completar a participación no mesmo. Os mesmos entrarán na clasificación particular de cada unha das probas do circuito nas que participen, e tamén puntuarán na clasificación xeral do circuito coma todos/as os que o fagan do mesmo xeito. O prazo para inscribirse nesta modalidade finalizará ao remate do prazo de inscrición da segunda proba, xa que para tomar parte nesta clasificación deberán participar e rematar alo menos 3 das 4 probas do circuito. Deberán correr obrigatoriamente co chip e dorsal facilitado pola organización.

ARTIGO 2. CATEGORIAS DE PARTICIPACIÓN

 

As categorías de participación no circuito serán as seguintes (Homes/Mulleres):

 

SUB 10  H/M

anos 2010 e 2011

SUB 12 H/M

anos 2008 e 2009

SUB 14 H/M

anos 2006 e 2007

SUB 16 H/M

anos 2004 e 2005

SUB 18 H/M

anos 2002 e 2003

SUB 20  H/M

anos 2000 e 2001

SUB 23 H/M

anos 1997, 1998 e 1999

SENIOR H/M

de 1996 ata máster

MASTER 1 H/M

de 35 a 40 anos

MASTER 2 H/M

de 41 a 49 anos

MASTER 3 H/M

de 50 a 59 anos

MASTER 4 H/M

de 60 anos en adiante

“SAPATILLA INCLUSIVA”

categoría única absoluta para persoas con diversidade funcional

.*As categorías serán tomadas na data de comenzo da primeira proba do circuito e manteranse durante o transcurso do circuito.

    

ARTIGO 3. CALENDARIO DE PROBAS DO CIRCUITO

 

DATA

PROBA

25 de agosto

CCArousa Norte A Pobra do Caramiñal

28 de setembro

CCArousa Norte Riveira - Santa Uxía

1 de novembro

CCArousa Norte Rianxo

1 de decembro

CCArousa Norte Boiro

 

ARTIGO 4. MODALIDADE DE PARTICIPACION POR EQUIPOS

 

As categorías de participación por equipos serán as expostas a continuación Un mesmo equipo non poderá ter dúas ou máis seccións (A, B, ...):

 

SUB 18  e SUPERIORES

CLUBES FEDERADOS, EQUIPOS POPULARES OU ASOCIACIÓNS

Corredores adultos con ou sen licencia federativa que se reúnan baixo o nome dun clube federado, asociación ou grupo popular

 

ARTIGO 5. SISTEMA DE CLASIFICACIÓN NO CIRCUITO

 

PUNTUACIÓN INDIVIDUAL POR PROBA

 

  • Na clasificación individual de cada proba os participantes no circuito levarán un número de puntos igual ao posto obtido en cada carreira SÓ TENDO EN CONTA OS PARTICIPANTES NA MODALIDADE DE CIRCUITO, de xeito que o primeiro clasificado obterá 1 punto, o segundo clasificado 2 puntos e así sucesivamente ... OS ATLETAS QUE NON PARTICIPEN NALGUNHA PROBA DARÁSELLE UN NÚMERO DE PUNTOS SIMILAR AO NÚMERO TOTAL DE PARTICIPANTES NA MODALIDADE DE CIRCUITO NA MESMA, DE XEITO QUE NON OBTEÑAN VANTAXE ALGUNHA DA NON PARTICIPACIÓN. Inda así, terán que completar 3 das 4 probas do circuito,senón non entrarán na clasificación final do circuito.

 

  • A clasificación xeral do circuíto será modificada despois de cada proba do circuito.

 

  • A clasificación do circuito realizarase en orde inverso, segundo se teña un menor número de puntos.

 

  • Para o reconto final de puntos, terase en conta as 3 mellores puntuacións de cada participante.

 

  • No caso de empate entre dous atletas, clasificarase en primeiro lugar o que houbera obtido menor puntuación na última proba que disputaran conxuntamente os dous atletas.

 

PUNTUACIÓN DE CLUBES FEDERADOS, ASOCIACIÓNS OU EQUIPOS POPULARES

 

  • Para esta clasificación farase a suma dos resultados dos 4 mellores participantes que compoñan os equipos.

 

  • Os equipos estarán formados por un número mínimo de 6 compoñentes, sen determinar un número máximo.

 

  • Os equipos poderán ser masculinos ou femeninos, non mixtos.

 

 

TODOS OS PARTICIPANTES DE CLUBES FEDERADOS, EQUIPOS POPULARES OU ASOCIACIÓNS, DEBERÁN REFLEXAR O MESMO NOME (ESCRITO DO MESMO XEITO) NA INSCRICIÓN. MARCARÁN ADEMAIS NO FORMULARIO DE INSCRICIÓN A INTENCIÓN DE PARTICIPAR NESTAS CLASIFICACIÓNS.

 

ARTIGO 6. INSCRICIÓN NO CIRCUITO. PRAZOS E PREZOS

 

A inscrición no circuito realizarase online a través da páxina web www.emesports.es.

 

PRAZOS DE INSCRICION

 

A inscrición ao circuito de carreiras 2019 abrirase o luns 29 de xullo e rematará co fin de prazo da proba de Riveira – Santa Uxía.

 

PREZOS DA INSCRICION

 

  • ESCOLARES (de sub 10 a sub 16)                 GRATUITA

 

  • ADULTOS (de sub 18 a máster):

 

-> Xeral nas 4 probas do circuíto                 20 €

-> Inscrición individual por proba fora do circuito:       6 €

 

ARTIGO 6. PREMIOS E AGASALLOS DO CIRCUITO

 

Os premios ao circuíto serán entregados en datas posteriores ao remate da derradeira proba do circuito e serán os seguintes:

 

TROFEOS

 

  • TROFEO para os/as 3 primeiros/as clasificados/as absolutos adultos do circuitos. Estos non recibirán o trofeo da súa categoría (premios non acumulativos).

 

  • TROFEO os/as 3 primeiros/as clasificados/as de cada categoría establecida no presente reglamento, tanto adultos como escolares.

 

 

  • TROFEO para os 3 clubes federados, equipos populares ou Asociacións MASCULINOS e FEMENINOS que obteñan menos puntos na clasificación das probas do circuito (sumando os puntos dos seus 4 mellores compoñentes).

 

PREMIOS ESPECIAIS

 

  • Outorgaranse os seguintes premios especiais aos 3 primeiros/as clasificados/as absolutos ADULTOS do circuito:

 

      • 1º clasificado/a: 400 euros e bono turístico.
      • 2º clasificado/a: 200 euros e bono turístico.
      • 3º clasificado/a: 100 € e bono turístico.
  • Recibirá premios especiais consistentes nuns bonos de 300 €, 200 € e 100 €, os CLUBES FEDERADOS, ASOCIACIÓNS OU EQUIPOS POPULARES nos que participe o maior número de corredores.

 

Para optar a estes premios será preciso que nas inscricións individuais se especifique o colectivo de orixe escrito sempre do mesmo xeito.

 

AGASALLO ESPECIAL AO CIRCUITO

 

TODOS OS PARTICIPANTES NA MODALIDADE DE CIRCUITO RECIBIRÁN UNHA CAMISETA TÉCNICA DO CIRCUITO.

 

 

AVISO LEGAL

LOPD

Todos os corredores/as ó realizar a inscrición aceptan a publicación do seu nome e imaxe nas clasificacións, medios de comunicación e/ou internet.

NOTA: Este circuito pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e mediante a súa inscrición o corredor consente expresamente que os seus datos básicos sexan cedidos a esta entidade para a tramitación, ante a compañía de seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil así como a xestión da licenza de día e ranking popular de probas de ruta. En todo caso e tal como establece a lei de Protección de Datos, o/a interesado/a pode exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito ou correo electrónico á Federación Galega de Atletismo. Avenida de Glasgow ,13 - 15008 A Coruña.

Todo o non reflectido no presente regulamento rexirase polas normas vixentes da FGA e RFEA.

 

ORGANIZAN:

 

  • CONCELLO DA POBRA DO CARAMIÑAL
  • CONCELLO DE RIVEIRA
  • CONCELLO DE RIANXO
  • CONCELLO DE BOIRO
  • MANCOMUNIDADE DE MUNICIPIOS AROUSA NORTE