FEIRA ARTESANAL E MARIÑEIRA “ARTEMAR RIVEIRA 2019”

FEIRA ARTESANAL E MARIÑEIRA “ARTEMAR RIVEIRA 2019”

Ribeira C GA

Desde jueves, 15 de agosto 2019 hasta domingo, 18 de agosto 2019

A feira Artemar Riveira regresará do 15 e o 18 de agosto con preto dun cento de stands que nesta edición variarán lixeiramente a súa ubicación para acentuar a súa integración coa humanización da cidade. A cita foi presentada pola concellería de Cultura, María Sampedro, e o seu homólogo de Turismo e Comercio, Ramón Doval.

Os postos estarán situados na rúa Rosalía de Castro, dende a súa confluencia coa rúa de Lugo ata a encrucillada coa rúa Galicia; na rúa Galicia, dende o Cruceiro da Saúde ata o museo municipal; na praza do Concello (incluíndo o tramo viario que vai dende a antiga libraría Sanyg ata o Zum Zum) e nas rúas Santa Uxía e Lustres Rivas. Haberá diversidade de produtos de alimentación, artesanía, coiro, alfaias, xoguetes, especies, instrumentos musicais, perfumaría, etc., chagados de distintas partes da xeografía española e países como Portugal, Marrocos, Túnez, Arxentina, México…

O certame estará animado cunha variada programación en canto a actividades de pequeno e gran formato, como contacontos, teatro de rúa, ruadas con música tradicional, xogos infantís, obradoiros, etc…

María Sampedro lembrou que o evento naceu en 2007 como feira artesanal e mariñeira e, logo de 5 anos, adquiriu no 2012 a denominación Artemar Riveira para dar un maior pulo a outras dimensións da feira como a artística e gastronómica e a integración do tecido asociativo.

Este ano contarase novamente coa implicación de asociacións culturais como Riveira escríbese con V, Amas de Casa, Aires de Dorna, Centro Social Santa Uxía Terceira Idade, Asociación de Empresarios ou Asociación Andavía, ademais da Residencia do Maior. Ademais, están implicadas artistas locais como Antonio Pérez, Luis Polo, Santarelli, Teresa González ou Teresa Argibay, que estarán ubicados na praza do Concello para mostrar e crear en vivo durante os días de feira, ademais de moitos outros da contorna que aunarán a súa obra na Galería O Faiado.

Ademais, repítense concursos como os de escaparatismo, decoración hostaleira e ruta de tapas, con premios en cada unha das modalidades. O público será o que vote no stand de Riveira con V e o Concello de Riveira, situado na praza do Concello durante toda a feira. Deste xeito, obterán papeletas gratuítas para a participación no sorteo de lotes de conserva artesanal doada por Frinsa, que se rifarán no transcurso dunha queimada popular organizada para o domingo ás 21.30 horas, segundo avanzou Ramon Doval.

Os comparecentes quixeron facer un chamamento á cidadanía e visitantes a que veñan vestidos de mariñeiros e mariñeiras para resaltar a cualidade deste certame como iniciativa ligada á nosa esencia pesqueira e marisqueira.

Por último, solicitaron comprensión ante as limitacións ao tráfico rodado nas rúas afectadas, nas que o acceso estará restrinxido de 12 a 15 e de 18 a 00 horas, exceptuando emerxencias.(BANDO)

PROGRAMA DA FEIRA