XV SEMANA CULTURAL FRANCISCO LORENZO MARIÑO

XV SEMANA CULTURAL FRANCISCO LORENZO MARIÑO

Aguiño Ribeira C

Desde viernes, 17 de enero 2020 a 20:30 hasta domingo, 19 de enero 2020 a 20:00

Venres 17 de Xaneiro

 

Conservatorio-Aula de Música de Aguiño, ás 20:30 h

 

 

Xornada Cultural:

 

Manuel Ayaso. Pintor único e aguiñense ilustre.

 

Conferencia a cargo de Manuel Cartea. Presidente de Barbantia.

 

Proxección dunha curta documental.

Pastor Rodríguez, director do Museo do Gravado de Artes e realizador do filme.

 

Inauguración da XV Semana Cultural FLM:

 

 

Elvira Pisos Arnoso

Presidenta da Asoc. Francisco Lorenzo Mariño

 

Manuel Ruiz Rivas

Alcalde de Riveira

 

Actuación do grupo de canto e pandeireta “As sete linguas” da AFLM de Aguiño

 

“As 7 linguas” da asociación Francisco Lorenzo Mariño xurde en Aguiño no outono de 2017 tendo a súa estrea no III Festival Son´s en Aguiño celebrado no 2018 e continuando coa súa actuación na Mostra de Música Tradicional organizada polo Concello de Riveira nese mesmo ano, ademais de actuar no IV Festival Son´s en Aguiño ou no espectáculo É o amencer de Bailadela no Nadal pasado.

 

Da man da profesora Manola Valiño interpretan distintas pezas da música tradicional galega e son un orgullo para a nosa asociación.

 

Ao remate servirase un Viño Galego.

 

 

Sábado 18 de Xaneiro

 

Ofrenda Floral e Lectura de Manifesto.

Cemiterio de Porto do Son, ás 17:00 h.

 

Acompañará un grupo de gaitas do País.

 

Misa do XVI Aniversario

Igrexa do Carme de Aguiño, ás 19:30 h

 

 

 

Espectáculo a cargo do Grupo de Teatro Disfunción Contínua da Estrada:

“DÚAS PORTAS E UN SEGREDO”

 

Conservatorio-Aula de Música de Aguiño, ás 20:30 h

 

Dúas portas e un segredo é unha delirante comedia na que o asasinato se converte no tema   central dunha disparatada historia que de seguro entreterá aos espectadores e provocará as   gargalladas en moitos momentos. Cristina, unha autora teatral de éxito, terá que facer fronte á   terríbel descuberta de que as súas vellas e adorábeis tías son en realidade unhas psicópatas   perigosas. Os demais membros da familia tampouco se salvan: o seu tío está completamente   tolo e a súa irmá é unha asasina sanguinaria buscada pola policía. Cristina terá que buscar   unha solución inmediata, posto que o segredo de familia que acaba de descubrir non se pode   ocultar por máis tempo. Mentres, o seu mozo, ignorante da complicada situación, desespérase  agardando por ela. Trátase dunha elaborada trama en que a situación se vai complicando cada   vez máis cun ritmo rápido e con escenas disparatadas, confusións, malentendidos e diálogos   divertidos e enxeñosos. En definitiva, un texto caótico na aparencia, pero pensado para non dar   un só descanso ao espectador.

 

Elenco: Clara Iglesias (Amparo), Sara Andújar (Comisaria Aguirre), Alejandro Picallo (Napoléon), María Porto (Consolación), Natalia Carbajal (Cristina), Manuel Rosende (Mariano), Beatriz del Río (Isabel) e Rosa López (Iolanda). Son e iluminación: Miguel Ares. Recomendada para maiores de 12 anos!

 

* Dirixe: Jouse García  * Duración: 75 minutos.

 

 

Domingo 19 de Xaneiro

 

Conservatorio-Aula de Música de Aguiño, ás 18:00 h

 

CONCERTO INFANTIL e FAMILIAR

PAKOLAS “As parábolas de Pakolas”.

 

Paco Cerdeira (Músico, Compositor e Produtor) leva dedicándose ao público infantil dende fai 15 anos como membro de Mamá Cabra, do que participou nos seus traballos durante mais dunha década sendo eixo principal dos seus espectáculos.

  No ano 2014 forma a súa propia banda de música infantil e nace así A Gramola Gominola, editando o seu primeiro traballo en 2015. Crea cancións para un proxecto musical totalmente diferente ao visto ata ese momento, tendo como eixe central o Rock and Roll, explorando e mostrando moitos estilos da música contemporánea ligados ao rock e sendo unha proposta didáctica para os máis cativos da casa. No ano 2017 edítase “Cancións para Desafinar” con nominacións na categoría de música infantil nos Premios Martín Códax en 2016 e 2017. O seu primeiro traballo en solitario, “Pakolas” (2017), é un libro-disco publicado pola Editorial Galaxia, que conta co respaldo do Colexio Profesional de Logopedas de Galicia (CPLGA).

* Duración: 60 minutos.                                   Facebook AFLM            Twitter AFLM     

Entrada de balde a todos os actos!