Exposición “As pegadas do Camiño de Santiago no Barbanza. A orixe“

Exposición: “As pegadas do Camiño de Santiago no Barbanza. A orixe“

55 Estrada Gasset A Pobra do Caramiñal

Desde viernes, 10 de enero 2020 hasta viernes, 31 de enero 2020

Exposición “As pegadas do Camiño de Santiago no Barbanza. A orixe“, unha publirreportaxe divulgativa dese relevante tesouro cultural que nos transmite o patrimonio material (monumentos relixiosos e civís, obras das belas artes, iconas, símbolos santiaguistas, vellas infraestruturas asistenciais, cruceiros) e o patrimonio inmaterial (tradicións lendarias de signo xacobeo, haxiografía de raizame galaica, ecos de cantares épicos do ciclo carolinxio, inspirados polo fenómeno xacobeo e as peregrinacións) localizados arredor do Camiño de Santiago no Barbanza e Sar.

Xaneiro é o mes de exhibición na Pobra do Caramiñal. Acollida polo concello da localidade, permanecerá aberta ó público -logo da inauguración deste xoves 9 de xaneiro- entre os días 10 e 31 de xaneiro de 2020, no horario habitual da sala cultural municipal.

Mostra itinerante por seis concellos unidos a través dun itinerario camiñado durante as idades Media e Moderna, entre Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo, Dodro e Padrón. Comisario: Antonio González Millán. Reportaxe fotográfica: Adolfo Enríquez Calo

Entidade promotora: Asociación Amigos do Camiño de Santiago do Barbanza. A orixe. Colabora o Concello da Pobra do Caramiñal. Patrocina a Consellaría de Cultura e Turismo da Xunta, no seo do programa O Teu Xacobeo.