04/12/2019
Christian Danis (OCR-Carreiras de obstáculos), Estudio Eladio (2ª parte análise Volantes-Dumbría)
O xoven mazaricán Christian Danis, con so 21 anos, xa é campión de España en OCR (Obstacle course running). Da súa man coñecemos esta disciplina tan esixente no eido físico como tamén no mental. Agora tentará atopar patrocinadores para competir no mundial e seguir medrando.
play_arrow
Play
03/12/2019
Vinto Tajes (ED Os Miúdos-Partido Cáritas), Estudio Eladio (análise Volantes-Dumbría, parte 1)
Vinto Tajes, presidente da ED Os Miúdos de Muros, falanos do partido a prol de Cáritas que o mércores 18 enfrontará no Eleutario Balayo ó R.C. Celta xuvenil e á Selección Galega, a partires das 7. Podedes levar alimentos non perecedoiros. Aproveitamos para debatir con Vinto outros temas de interese no noso fútbol.
play_arrow
Play
28/11/2019
Juanlu (UD Queiruga)
Falanos Juanlu, que fixo un gol no contundente trunfo do Queiruga diante do Dubra B. Os de Tono están segundos a un punto do Taragoña e en vésperas do partido en Valiño. Non poderá xogar o ex do Baroña por mor dunha rotura fibrilar.
play_arrow
Play
27/11/2019
Iván Cerilla (Clube Deportivo Muros)
Levamos uns días que non facemos mais que pedir disculpas por averías na emisión. Asegúrovos que moi de contado deixaremos de pedilas, e empezaremos a pedir cartos en vez de disculpas.
play_arrow
Play
26/11/2019
Rubén (Volantes de Baño CF), Marlon Velasco (Noia FS Portus Apostoli)
Abrimos con Rubén, autor do gol do Volantes en Baio. Perderon 2-1 pero deixando boas sensacións que deben refrendar domingo no Eleuterio Balayo diante do Dumbría. O xoven atacante das velutinas falanos de como afronta a temporada e como aguanta a matraca de seu pai (o adestrador) e de seu irmán maior (o segundo adestrador).
play_arrow
Play
25/11/2019
Geno (SD Esteirana), Presentación Carreira Sin-Son 2019
Ademais de repasar a fin de semana en fútbol e resto de deportes damos crónica do trunfo da Esteirana diante do Castriz. Escoitamos a Geno, adestrador dos locais, e tamén a Carajillo, mítico ex-xogador e ex-adestrador da roxazul, agora honorable furtivo.
play_arrow
Play
21/11/2019
Damián Kaju (Volantes de Baño C.F.), Nito Estalote (VI BTT Mazaricos)
Damián Kaju, mediocentro do Volantes de Baño, falanos do empate das velutinas co Flavia, da visita a Baio, e da paella que el vai facer este venres no Pouso ó termo do adestramento, para estómagos agradecidos.
play_arrow
Play
20/11/2019
Chicho (Mazaricos C.F.), Mon López (CB Noia)
Abrimos con Daniel Suárez (Chicho), adestrador dun Mazaricos que bateu por 3-0 ó Dumbría e visita agora Tordoia coa moral alta, logo de ter superado un inicio ligueiro complicado. Chicho contanos como foron esas primeiras xornadas e como ve o horizonte inmediato.
play_arrow
Play
19/11/2019
Manu Canabal (CF Noia ), Estudio Eladio 1 xullo
Falounos Manu Canabal, que fixo o gol co que o Noia gañou en Laracha. Domingo reciben ó Boimorto e hai que dar todo por sumar o segundo trunfo consecutivo e ir despois a Boiro cargados de confianza.
play_arrow
Play
14/11/2019
Balompié para Langranes (Performed by Alberto Codesido): "El peregrinamiento a Santiajo; compost en Compostela"
Novo capítulo de Balompié para Langranes con Alberto Codesido. Desta volta o "Arbeloa de Abelleira" ceiba o capítulo "El peregrinamiento a Santiajo, compost en Compostela". Unha aventura que viviron recentemente el e catro coma el. Mención especial ó 1, catose en alcolemia que foi quen de acadar o "Marine das Pedragueiras", dato que confirma que era menos moña.
play_arrow
Play
13/11/2019
Ivi (CD Muros), Loren, Marlon Velasco (Noia FS Portus Apostoli)
Abrimos con Ivi, autor do golazo co que o Muros despachou ó San Lorenzo, colleu unha rachiña e iso estalle dando puntos ós de Felipe, que pensan xa na saída a Coristanco.
play_arrow
Play
12/11/2019
Iván Riveiro (UD Queiruga); Nolo Sestayo (Clube BTT Triatlón O Treito)
Abrimos con Riveiro, que fixo dous goles e deu o terceiro no Queiruga 3 Calo 2. Agora ten que deixar o equipo catro meses por imperativos laborales pero o mediocentro de San Pedro de Muro foi despedido por compañeiros e afección por todo o alto, dada a súa aportación e contribución a que os de Tono Romero empezaran a liga tan fortes. Domingo visitan ó Luaña.
play_arrow
Play
07/11/2019
Raúl (SD Esteirana)
play_arrow
Play
06/11/2019
Jano (Volantes de Baño F.C.), Estudio Eladio 24 xuño
Abrimos con Jano, autor de dous tantos no Volantes 6 Piloño 2. O carnotán falanos de ese partido, da visita ó campo do Lalín e da reacción das velutinas nas últimas xornadas.
play_arrow
Play
05/11/2019
Veni Lomba (Lesende C.F.)
Veni Lomba, porteiro do Lesende, falanos do trunfo na cancha do Sálvora que pon ós de Manuel Díaz no liderato, en vésperas de recibir ó Bastavales. O Kico Rivera de Cabanetán está a alternar con Roberto a titularidade na portería e con Guerra o liderato no Torneo de Feos do Lesende
play_arrow
Play
31/10/2019
Brais Romero "O Expreso das Pedragueiras" (SD Esteirana), axenda fin de semana
Brais Romero "O Expreso das Pedragueiras" explícanos os motivos de esa apocalíptica primicia: O outro día foi titular. Saberemos do trunfo da súa Esteirana diante do San Lorenzo, da visita a Coristanco e da súa vida e obra que é un kilombazo do 15.
play_arrow
Play
30/10/2019
Goyo Rubio (Club Lucha Noia), Estudio Eladio 17 xuño
Falamos de boxeo con Goyo Rubio, púxil noiés que apunta ó mais alto. Damos conta das súas vindeiras veladas boxísticas, a do 23 en Noia e organizada polo Club Lucha Noia.
play_arrow
Play
24/10/2019
Elías (SD Esteirana)
Elías, que fixo os dous goles da Esteirana en Corme, falanos de ese partido e da visita do San Lorenzo este domingo ó Xosé Luís Vara. Ides ver a xigantesca capacidade analítica do niñotorres da Esteirana.
play_arrow
Play
23/10/2019
Pesco (Volantes de Baño C.F.), Estudio Eladio 10 xuño
Angel Manuel Caamaño, "Pesco", falanos de ese empate do Volantes diante da SD O Pino, no que el asinou un gol e no que doutra volta fuxeu o primeiro trunfo ligueiro das velutinas na nova categoría. Pesco danos as claves da situación do equipo e de como afrontar o futuro, o mais inmediato pasa por buscar ese trunfo o domingo no feudo do Unión.
play_arrow
Play
22/10/2019
Lucas (CF Noia), Marlon Velasco (Noia FS Portus Apostoli)
Lucas, porteiro do Noia, falanos da derrota en Mugardos e a visita a San Lázaro do Sigueiro esta fin de semana. O xoven gardamallas confía en que o míster lle siga a dar oportunidades.
play_arrow
Play
21/10/2019
Roberto Blanco (Lesende C.F.)
Ademais de repasar a fin de semana en fútbol e resto de deportes falamos con Roberto, porteiro dun Lesende que gañou en Abanqueiro e xa lidera a Segunda Grupo 4
play_arrow
Play
17/10/2019
Xaco (Clube Deportivo Muros), Estudio Eladio 3 de xuño
Xaco, que fixo un gol no trunfo do Muros diante do Buño, contanos como anda a escadra celeste, que visita agora Malpica e de gañar pode hasta trincar o liderato. Os celestes están de doce e apretan os dentes para manter este nivel.
play_arrow
Play
16/10/2019
Suso Montaos (UD Queiruga), Estudio Eladio 27 maio
Suso Montaos, capi da UD Queiruga, falanos do trunfo diante do Sálvora que os aupou ó liderato. Anegdótico? We´ll see... Domingo visitan ó Bastavales e andan na fura de diante. Olliño con este Queiruga.
play_arrow
Play
15/10/2019
Piqui (Mazaricos CF), Marlon Velasco (Noia FS Portus Apostoli)
Abrimos con Piqui, autor do gol do Mazaricos no empate co Esclavitud. O talentoso atacante outiense falanos do partido, do que teñen na casa diante do Flavia e de como está o equipo logo da marcha de Rober Amoedo.
play_arrow
Play