Manuel Varela (SD Sofán)
10/04/2015

Manuel Varela (SD Sofán)

No Deportes do venres, curtiño por preceder á hora das Carrilanas de Esteiro, falamos con Manuel Varela, vicepresidente do Sofán, que organiza unhas charlas encamiñadas a que os pais con fillos xogando ó fútbol en categorías inferiores se saiban comportar. A ocasión ben paga a pena para nos achegar a un equipo de Bergantiños, que xa non pilla no noso alcance radiofónico, pero onde moitos nos seguen por internet e pola aplicación de móvil, cousa que agradecemos dun xeito enorme, así que era unha obriga falar cos amigos do Sofán


Manuel Varela (SD Sofán)