José Manuel Sil (Volantes de Baño F.C.)
07/05/2019

José Manuel Sil (Volantes de Baño F.C.)

Logo de lembrar novas de remo con Clube do Mar Noia e Clube de Remo Muros, e asimesmo dar conta do recibimento no Concello a Noia Portus Apostoli ás seis e media de este serán, será entón o intre de falar con José Manuel Sil, adestrador do Volantes de Baño. Exito histórico para as "Velutinas" , clube humilde de parroquia que ven de acadar o subcampionato de liga e xogará promoción de ascenso a 1ª autonómica. 

Ademais de avaliar a campaña do Volantes, avaliamos con Sil o que fixeron outros equipos coma Monte Louro, Mazaricos, Esteirana, Muros... Sempre interesante o punto de vista dun referente no fútbol da Costa.


José Manuel Sil (Volantes de Baño F.C.)