Rubén (Volantes de Baño CF), Marlon Velasco (Noia FS Portus Apostoli)
play_arrow
26/11/2019

Rubén (Volantes de Baño CF), Marlon Velasco (Noia FS Portus Apostoli)

Abrimos con Rubén, autor do gol do Volantes en Baio. Perderon 2-1 pero deixando boas sensacións que deben refrendar domingo no Eleuterio Balayo diante do Dumbría. O xoven atacante das velutinas falanos de como afronta a temporada e como aguanta a matraca de seu pai (o adestrador) e de seu irmán maior (o segundo adestrador).

Despois falamos do trunfo do Noia Portus Apostoli na cancha do Mengíbar e escoitamos ó adestrador Marlon Velasco. Sábado reciben ó Rivas Futsal, tes que ir ó Agustín Mourís, e si non podes debes saber que o televisamos en directo a través de 5tv.es