Dani Maroñas (Mazaricos CF), Pizarro, M. Velasco (Noia FS Portus Apostoli)
play_arrow
10/12/2019

Dani Maroñas (Mazaricos CF), Pizarro, M. Velasco (Noia FS Portus Apostoli)

Dani Maroñas, que empezou a liga na Esteirana e agora reforzou ó Mazaricos, falanos da súa aclimatación á escadra marela e do derbi de esta fin de semana no que reciben ó Volantes. " O Varanne das Fontiñas" tamén nos explica os motivos polos que cambiou de aires coa liga comezada.

Despois falamos do partidazo de esta noite no Agustín Mourís (20,30 h. ): Noia Portus Apostoli recibe a O Parrulo Ferrol en dezaseisavos da Copa. Os departamentais marchan oitavos na División de Honra; sobran calificativos para explicar a envergadura do partido. Escoitamos a Juan Pizarro e a Marlon Velasco.