Godo (Volantes de Baño CF), Manel Deán (VIII Carreira Sin-Son, 22 de decembro 2019)
play_arrow
12/12/2019

Godo (Volantes de Baño CF), Manel Deán (VIII Carreira Sin-Son, 22 de decembro 2019)

Godo, fero stopper do Volantes, falanos de como está o equipo despois de perder co Val do Ulla e antes do derbi no campo do Mazaricos. Urxe puntuar de tres en tres para unhas velutinas que neste inverno están a ter pouco veneno. Mimbres hai na escadra de Baño para non desesperar no intento de acadar a permanencia. A conversa con Godo é exquisita, xa veredes, o de Tal é un docto coñecedor do percal.

Despois falamos da Carreira Sin-Son co edil sonense Manel Deán, esta fin de semana quedada para facer o percorrido a ritmo tranqui e ir collendo sensacións.