Alberto González "Pajarillo" (CF Noia)
play_arrow
18/12/2019

Alberto González "Pajarillo" (CF Noia)

Non subimos o Deportes Mércores completo por un problema no caudalímetro, pero sí tedes íntegra a conversa con Pajarillo, porteiro dun CF Noia que logo de gañar ó Lemos tentarán manter a boa xeira de resultados no campo do Montañeros. Os de Iván Carril aínda teñen un treito que percorrer para pillar o rebufo dos equipos en ascenso, pero tempo hai si o equipo segue firme. O gardamallas boirense anda feito un chaval, e tamén lle queda cuerda para bastante.