José Manuel Sil (cesado no Volantes de Baño CF)
play_arrow
20/02/2020

José Manuel Sil (cesado no Volantes de Baño CF)

Falamos con Sil, que foi cesado como adestrador do Volantes de Baño. Santi, home da casa, tomará o relevo. Analizamos o cese e as formas nas que tivo lugar, porque provoca extraneza. A conversa enche o programa, pero coido que paga a pena, ten contido e o "Lobanovsky de Lira" non se agocha.

A mellor das sortes ás velutinas. Están a un punto da permanencia, no grupo de varios equipos metidos no lío. É vital manter a unión, din que fai a forza, iso unido á grande afición que os acompaña fainos ser optimistas.