Juan Lojo
play_arrow
10/09/2015

Juan Lojo

No Motor de este xoves fala o piloto muradán Juan Lojo: con toda a delicadeza, sensibilidade e comprensión con familiares e amigos dos falecidos no accidente do Rally de Coruña abordamos aspectos controvertidos ou problemáticos no mundo do motor. O programa tenta tamén ser hoxe unha mensaxe de cercanía e cariño cos que están a sufrir moito por ese accidente: familiares e amigos como xa dixemos e tamén organización, piloto e copiloto, xente que estaba a desempeñar da mellor maneira posible distintas tarefas no deporte que aman e defenden. Deixamos o humor do "Talbot Horizón de Ramón do Camarón " para vindeiros programas, hoxe nin procede nin temos corpo para o humor. Igualmente deixamos a información estrictamente de competición para a vindeira semán. Toda a nosa solidaridade cos que sofren polo accidente do pasado sábado.