Juan Lojo (Piloto) e Talbot Horizón de Ramón do Camarón
play_arrow
03/03/2016

Juan Lojo (Piloto) e Talbot Horizón de Ramón do Camarón

Logo dun Deportes curtiño entraremos nese tempo de Motor que abrimos falando con Juan Lojo; o piloto muradán correrá o Rali de Noia cun Polo N1 de AR Vidal. Lojo adiantaranos cousas de como será nesta tempada a hora de Motor dado que el é quen pergueña, eu simplemente executo.
Despois embarcaremos a dar un raite no "Talbot Horizón de Ramón do Camarón", xa botabamos en falla departir con el acerca do humán e do divino, e como non: da mecánica pánki na cal o "Bustamante do Tramo" é o Sen Sei. Abrimos este novo curso con imprescindibles explicacións como a dos faros de xénon, a presión do aceite ou a alarma do coche.