Iván Ares, Sergio Vallejo, Pedro Burgo, "Talbot Horizón de Ramón do Camarón"(brida,alfombrillas, guantes cadenas, semáforo. ámbar)
28/04/2016

Iván Ares, Sergio Vallejo, Pedro Burgo, "Talbot Horizón de Ramón do Camarón"(brida,alfombrillas, guantes cadenas, semáforo. ámbar)

No Motor temos catro intervencións de luxo: Iván Ares, Sergio Vallejo, Pedro Burgo e o noso Ramón do Camarón.
Abrimos cun Iván Ares que é noticia pola decisión da Federación Galega de obrigalo a bridar o Porsche. Iván falanos a peito descuberto coa amabilidade e a sinceridade que definen a este fora de serie, que nos esperta tanta admiración desde o perfil humano como desde a súa capacidade ó volante.
Despois temos a todo un campión de España coma Sergio Vallejo, que tamén sabe o que sufrir unha decisión así de estonada e tampouco ten pelos na lingua para achegarnos o seu pensar.
Logo de Sergio falamos con outro número 1 coma Pedro Burgo: outro piloto dos grandes que sufreu nas súas carnes a caza e captura do Porsche. Outra opinión de peso.
E acabamos dando un raite no "Talbot Horizón de Ramón do Camarón", ó que tamén lle pediremos opinión sobre o "Bridagate", falaremos de como lle foi ó "Bustamante do Tramo" o Rali do Cocido e pecharemos cunha nova superclase de mecánica na cal nos explicará pormenorizadamente qué é a brida, as alfombrillas, os guantes para poñer cadenas de neve, e en seguridade vial qué facer diante dun semáforo en ámbar. 
Lembra que este e todos os programas de motor, de deporte, magazine e moito mais podes atopalos na aplicación de móvil de 5fm. E a mín podes atoparme na taberna de Jonathan Mansamino.

 




Iván Ares, Sergio Vallejo, Pedro Burgo, "Talbot Horizón de Ramón do Camarón"(brida,alfombrillas, guantes cadenas, semáforo. ámbar)