Dani Castro, " Talbot repaso mecànica: semieje hueco, bovina inxección, correa dentada, chiste figos de dúos sabores.
play_arrow
19/05/2016

Dani Castro, " Talbot repaso mecànica: semieje hueco, bovina inxección, correa dentada, chiste figos de dúos sabores.

Abrimos o tempo de Motor de este xoves con Dani Castro. O piloto de Neda lidera o Volante FGA logo do seu trunfo nesta copa no Eurocidade. Falamos con el de como van as cousas ate o de agora e o futuro nesta tempada, na que van a por todas no intento de gañar Volante FGA toda vez que o ano pasado faltoulles unha freba de nada para o acadar.
Non demos contactado esta semana con Ramón do Camarón, debe andar liadirmo, así que recuperaremos unha intervención mítica: a do 17 de setembro do ano pasado, cando na clase de mecánica explicaba o que é a bovina de inxección, o semieje hueco ou a correa dentada. Celebérrimo foi especialmente o chiste que lle escachou dos figos de dous sabores. Se non paparon esta clase no seu día fagano agora, e se xa a paparon, repasen.