Jorge Priegue "O Torpedo de Solleiros", "Talbot Horizón de Ramón do Camarón" (Reposicionador pistón, cuello e pomo palanca)
15/09/2016

Jorge Priegue "O Torpedo de Solleiros", "Talbot Horizón de Ramón do Camarón" (Reposicionador pistón, cuello e pomo palanca)

Como todolos xoves o Deportes será curtiño para deixar paso á hora de Motor. Así que logo dun bloque de novas polideportivas entraremos no Motor que será 100 % esteirán: o Torpedo de Solleiros e o Bustamante do Tramo.
Primeiro falamos con Jorge Priegue, sorprendente líder da copa Seguro X días no seu debut no galego de Ralis. O Torpedo tentará co seu copi Fran Maceiras manter o liderato hasta o final, competindo en todos os ralis que quedan "aínda que teña que comer arroz en branco todo o ano para xuntar os cartos".
Si a conversa con Jorge poden ser unhas risas non menos vai a ser o "Talbot Horizón de Ramón do Camarón", como non: cunha clase de mecánica que van temblar os ministerios. Imos aprender, entre outros concetos, o que é o Reposicionador dos pistóns dos frenos, o pomo e o cuello da palanca de cambios... ah! e un chiste que pode tronzar a calquera. Embarca, hache cundir fijíiiiiirmo !!!!


Jorge Priegue "O Torpedo de Solleiros", "Talbot Horizón de Ramón do Camarón" (Reposicionador pistón, cuello e pomo palanca)