Sergio Vallejo, "Talbot Horizón de Ramón do Camarón"(aforador, barra estabilizadora., corona ABS, insultos)
play_arrow
22/09/2016

Sergio Vallejo, "Talbot Horizón de Ramón do Camarón"(aforador, barra estabilizadora., corona ABS, insultos)

Basket e Motor copan o choio este xoves.
Nun Deportes Xoves en formato curto, de arredor de 20 minutos, falamos da Copa Galicia de Baloncesto que se disputa esta fin de semana en Noia, cos mellores equipos de Galicia, Río Natura Mombus Obradoiro incluido. Ademais si mercas entrada para asisitir colaboras cunha boa causa. De todo iso falamos e recollemos as voces do presidente da Federación, a presidenta do C.B. Noia, o alcalde noiés e o concelleiro de Deportes. Falaron na presentación do evento. 
Tamén lembraremos que ás 21 horas de este xoves o Noia Fútbol Saa recibe no municipal ó Estrada FS en partido de Copa Xunta.
No tempo de Motor abrimos con Sergio Vallejo, que tivo que abandoar no Princesa de Asturias pero que antes da fatalidade andivo coma un cohete. Vallejo prepara a vindeira cita en Llanes. Tamén lle preguntaremos polo futuro e por esa queixa que con valentía fixo pública en contra dos adestramentos ilegais, asunto controvertido ó que tentaremos toparlle xeito.
Despois embarcaremos a dar un voltio no "Talbot Horizón de Ramón do Camarón", que nos instruirá nos insondables misterios do churrasco, nos falará de como será a boda do "Bustamante do Tramo" e a do "Torpedo de Solleiros" (ó que felicitaremos o cumpreanos ciscando unha de Raphael) e que por suposto dará a clase de mecánica, da cal xa sabedes que é superdocto coñecedor: explicará que é o aforador, a coroa do abs, a barra estabilizadora e contará un chiste de raza loba. O que se perda esta maxistral comparecencia ben de todo non ven sendo.