Javier Pardo, "Talbot Repaso Mecánica"(freno de man, faros halógenos, fundas)
13/10/2016

Javier Pardo, "Talbot Repaso Mecánica"(freno de man, faros halógenos, fundas)

Logo do inmerecido descanso por mor do Pilar voltamos cun Deportes Xoves curto composto de novas en varios deportes.
No espazo de Motor abrimos con Javier Pardo. O xoven piloto ourensán ven de se proclamar campión de España de Rallies de Terra na modalidade de dúas rodas motrices. Falamos con el de esta espectacular temporada que se marcou, do futuro e outras cousiñas.
Como o mércores era festivo creemos de sentido común ceibar a Ramón do Camarón da súa semanal responsabilidade para cos que queren abrir un taller e aprender mecánica en dúas tardes. 
Así que lle demos descanso ó Bustamante do Tramo e repescamos unha clase de repaso: cando a mediados de abril do pasado 2015 destapaba o bocoi das esencias explicando que é o freno de man, os faros halóxenos ou as fundas do coche.
Imprescindible para os que extraviasedes os apuntes de aquel día.


Javier Pardo, "Talbot Repaso Mecánica"(freno de man, faros halógenos, fundas)