Fco. García Caridad "Mendes", Talbot repaso mecánica (alerón, llantas aleación, radiador, antinieblas)
24/11/2016

Fco. García Caridad "Mendes", Talbot repaso mecánica (alerón, llantas aleación, radiador, antinieblas)

No espazo de Motor falamos cun copiloto mitiquérrimo, do género "namber wan", aparte do seu talento nas carreiras hai que destacar a súa enorme simpatía; si a semana pasada o bordaba Christopher Telmo de seguro non se vai quedar atrás Francisco García Caridad, por todos coñecido como "Mendes". El foi quen nun treito lle dixo a Rubén García Naya a célebre cita de "imos desjovernados coma un fojete sin varilla". Non ten fallo: con Méndes imos pasar uns minutos campales mentras repasamos a súa traxectoria.
Despois iremos a unha clase de mecánica de repaso no "Talbot Horizón de Ramón do Camarón", xa que o Bustamante do Tramo está cun gripón do 15 estes días. Así que o deixamos ahí na cama a levedar e recuperamos a súa clase do 8 de abril do pasado ano 2015, cando entre outros conceptos nos explicaba con claridade férrea o que é un alerón, o radiador, os antinieblas, as llantas de aleación...
Xa sabes que si non se che arromba para escoitalo pola radio tes este e todos os demais programas na nosa aplicación de móvil. Descargar esta aplicación adelgaza e mellora a turxencia fálica, jíate por mín.



Fco. García Caridad "Mendes", Talbot repaso mecánica (alerón, llantas aleación, radiador, antinieblas)