Rubén García Naya, "Talbot Horizón de Ramón do Camarón"(airbag, reposacabezas, apoyabrazos, peine do radiador, sinais)
play_arrow
15/12/2016

Rubén García Naya, "Talbot Horizón de Ramón do Camarón"(airbag, reposacabezas, apoyabrazos, peine do radiador, sinais)

Logo dun Deportes Xoves express chega o tempo de Motor co piloto cullerdense Rubén García Naya, que leva todo ano preparando a vindeira temporada para voltar á competición, probablemente na Pirelli AMF. Naya falaranos tamén da súa traxectoria e de seguro pasaremos un bo rato con el porque aparte de ser un grande piloto élle un chaval ben simpático.
Despois embarcaremos a dar un voltio no "Talbot Horizón de Ramón do Camarón". Vai abanear o "Bustamante do Tramo" coa clase de mecánica, na que se poderá lucir explicando conachadas como "¿qué son os airbag, o reposacabezas, o apoiabrazos? pero despois ímolo tronzar preguntandolle polo peine do radiador. En seguridade vial falaremos dos sinais de tráfico.
Que non falte papel e boli si queres que a clase che sea de proveito.