Repaso 2016 ("Bridagate", Iván Ares, Sergio Vallejo), "Talbot repaso mecánica", chupadora, bomba de vacío, vástago, solenoide ou relay, bulón)
22/12/2016

Repaso 2016 ("Bridagate", Iván Ares, Sergio Vallejo), "Talbot repaso mecánica", chupadora, bomba de vacío, vástago, solenoide ou relay, bulón)

Nestas datas de Nadal repescaremos momentos importantes do ano; neste caso recuaremos ate abril para lembrar o "Bridagate" . O follón da brida para capar os porches; poñemos un anaco da conversa que por aquel entón tivemos con dous supercampións directamente afectados: Iván Ares e Sergio Vallejo.
Tamén será de repaso a clase de mecánica no "Talbot Horizón de Ramón do Camarón"; recuperamos unha lección mitiquérrima de fai xusto un ano: o 17 de decembro do pasado 2015 "O Bustamante do Tramo" daba un recital glorioso explicando de xeito cristalinísimo que é a Chupadora, a bomba de vacío, o solenoide ou relay, o vástago e o bulón. Todo aderezado co superchiste do home que tomou laxantes para deixar de toser. Pelín imprescindible.




Repaso 2016 ("Bridagate", Iván Ares, Sergio Vallejo), "Talbot repaso mecánica", chupadora, bomba de vacío, vástago, solenoide ou relay, bulón)