Pedro Burgo, "Talbot Horizón de Ramón do Camarón"(2ª explicac. do solenoide ou relay, bulón e vástago, carril lentos)
play_arrow
12/01/2017

Pedro Burgo, "Talbot Horizón de Ramón do Camarón"(2ª explicac. do solenoide ou relay, bulón e vástago, carril lentos)

No Motor de este xoves falamos con Pedro Burgo, subcampión de España de Ralis de asfalto na tempada que ven de rematar. O lucense irá a por todas este ano co seu flamante Skoda Fabia R5, do cal nos falará, ademais dos obxetivos para a tempada.
Despois embarcaremos a dar un raite no "Talbot Horizón de Ramón do Camarón", repasaremos as mellores enchentas de Nadal para o Bustamante do Tramo e, como non, ciscaremos unha clase de mecánica terrible: preguntaremolle ó Esplendor antre o piche por algunhas pezas cuia explicación non quedou de todo diáfana a primeira vez que falamos delas, confiamos desta volta despexar calquer confusión sobre o solenoide ou relay, o vástago ou o bulón. En seguridade vial falaremos do carril de lentos. Que te voi dicir, va ser una cañera.