Álvaro Pérez, "Talbot Horizón de Ramón do Camarón" (calavera, bigotera, kamikazes)
play_arrow
09/03/2017

Álvaro Pérez, "Talbot Horizón de Ramón do Camarón" (calavera, bigotera, kamikazes)

No tempo de Motor de este xoves falamos con Álvaro Pérez, que co seu copi Brais Mirón ambiciona o título en Volante FGA. Os noieses tiveron unha saída de pista no Rali do Cocido a pesares da cal remataron segundos e manteñen o liderato á espera do que pase en Noia; o rali da casa ó que saíran con todas as gañas.
En falando con Alvaro será tempo de darse un voltio no "Talbot Horizón de Ramón do Camarón", que nos dará as súas valoracións sobre o Rali do Cocido, algunha anégdota que lles pasou de raza lobísima e, como non, unha superclase de mecánica para lembrar. O Bustamante do Tramo explicaranos o que é a calavera, a bigotera, e (en seguridade vial) qué facer si nos topamos de frente un conductor kamikaze deses.
Non se esquezan de ter a man papel e boli e de revisar o nivel de tinta do boli con suficiente antelamiento.