Sergio Pombo (copiloto), "Talbot Horizón de Ramón do Camarón" (cabeza disipadora, deflector, octogenarios)
play_arrow
16/03/2017

Sergio Pombo (copiloto), "Talbot Horizón de Ramón do Camarón" (cabeza disipadora, deflector, octogenarios)

Logo dun Deportes Xoves express que non excederá dun cuartiño de hora iremos ó programa de Motor; nel falamos con Sergio Pombo, copiloto de David Grandal no campionato galego. Logo de racharen o motor no Rali do Cocido está no aire o seu concurso no de Noia. Sergio contaranos como lles foi nos dous primeiros ralis, obxetivos, etc...
Despois damolle un raite no "Talbot Horizón de Ramón do Camarón", que nos falará da festa presentación da temporada para o Bustamante do Tramo e o Torpedo de Solleiros. Será o 25 de marzo no Bar Carrilo de Esteiro, alí estarán eles e a xente do equipo con todos que vos animedes a ir. Por certo: "O Torpedo de Solleiros" estrea copiloto; nada mais e nada menos que Fran Piñeiro ("A Denosiña da Cañeiriña"!!!!).
Ollo á clase de mecánica que ven moi férrea: explicará o Esplendor antropiche o que é a cabeza disipadora, o deflector e -en seguridade vial- os conductores octoxenarios. O que se perda isto non ten nin idea de mecánica.