Alberto Pérez, "Talbot repaso mecánica (válvula, octano, peralte")
23/03/2017

Alberto Pérez, "Talbot repaso mecánica (válvula, octano, peralte")

No tempo de Motor de este xoves abrimos con Alberto Pérez, un dos mellores cronistas automovilísticos da actualidade. O muradán encabeza un ano mais o equipo co que 5fm retransmitirá íntegro o Rali de Noia, con outros dous cracks coma Fran Oviedo e Pablo Villar. Alberto fainos un exhaustivo balanzo dos dous primeiros ralis do galego, de como ven o de Noia, das entrevistas de superrelumbrón que está a xestionar para a retransmisión, e moito mais.
Despois damos un voltio no "Talbot Horizón de Ramón do Camarón", esta semana non demos sincronizado axendas para grabar a sección motivo polo cal recuaremos case dous anos; ate xuño de 2015. Esta clase de repaso é imprescindible, sen ela ides desjovernados coma un fojete sin varilla. Ramón desgranaba por aquel tempo o que é unha válvula, un octano e (en seguridade vial) o peralte da curva. Por certo, animamosvos a ir á Festa de Presentación da tempada para "O Bustamante do Tramo" e o "Torpedo de Solleiros", este sábado, desde as 18 horas, no Bar Carrilo de Esteiro.
Sigan a clase con atención e tomen apuntes na barda que o día menos pensado escacholle un examen e non quero pillar a ninguén na inopia.



Alberto Pérez, "Talbot repaso mecánica (válvula, octano, peralte")