Fran Piñeiro " A denosiña da Cañeiriña" (copi "Torpedo de Solleiros"), "Talbot Horizón de R. do Camarón" (aletas cilindro, chicote freno man, deslumeamentos)
play_arrow
04/05/2017

Fran Piñeiro " A denosiña da Cañeiriña" (copi "Torpedo de Solleiros"), "Talbot Horizón de R. do Camarón" (aletas cilindro, chicote freno man, deslumeamentos)

Por Esteiro esturruamos no tempo de Motor coa "Denosiña da Cañeiriña" e o "Bustamante do Tramo":
Abrimos con Fran Piñeiro: esa versátil denosiña que o mesmo gaña o Gran Prix de Carrilanas que copilota con suma maestría ó "Torpedo de Solleiros". A entrevista non ten desperdicio de nincunha clase, xa que o chaval escáchallas cun salero incomparable. Por exemplo; confésanos o segredo da enorme regularidade do seu reloxio biolóxico: cea All-Bran e nada mais espertar cisca.
Non nos imos rir menos co "Talbot Horizón de Ramón do Camarón", no que non faltará unha clase de mecánica que van temblar os ministerios. Non vou dicir de que pezas falaremos que aínda non o grabei e ó Sen Sei da mecánica non lle fan falla axudas. 
Dous fulanos absolutamente irrepetibles, dos que miccionan arrousados. Programa de sintidura obrigada.