Brais Noval (Esc. Siroco, Rali Cidade de Narón), "Talbot Horizón de Ramón do Camarón"( rotor, cond. diodo, monobloque motor, novas multas)
play_arrow
25/05/2017

Brais Noval (Esc. Siroco, Rali Cidade de Narón), "Talbot Horizón de Ramón do Camarón"( rotor, cond. diodo, monobloque motor, novas multas)

Chega o último programa de Motor da temporada denantes do parón estival. Temos nel a Brais Noval, da Escudería Siroco, organizadora do Rali Cidade de Narón, que este ano cumple a súa trixésima edición. Brais vainos dar toda a información.
Despois daremolle o último voltio prevacacional no "Talbot Horizón de Ramón do Camarón", nótase que veñen os exames de xuño porque o "Bustamante do Tramo" esmérase mais que nunca cunha clase de mecánica do género impecable. Saberemos con todo luxo de detalles o que é o rotor, a conducción do diodo, o monobloque de motor e, en seguridade vial, as novas infraccións polas que Tráfico che pode emplumar. Non contento coa perfección dos explicamientos daranos unhas nocións útiles do copón para cando vas ó dentista. Imprescindible escoitalo con papel e boli, recomendable boli de reposto na recámara porque se o que tes che queda sen tinta estás vendidísimo-a.