Torpedo de Solleiros, Denosiña da Cañeiriña, Cheff Vegano Bar Carrilo, Talbot H. Ramon C.(varilla acoplamiento, marca branca)
play_arrow
07/12/2017

Torpedo de Solleiros, Denosiña da Cañeiriña, Cheff Vegano Bar Carrilo, Talbot H. Ramon C.(varilla acoplamiento, marca branca)

O espazo de Motor de este xoves 7 é moi de raza lobísima cos catro ases da baralla do automovilismo gastronómico esteirán:
Abrimos con Jorge Priegue ("O Torrrpedo de Solleiros"), co seu copiloto Fran Piñeiro ("A Denosiña da Cañeiriña") e con Adán Montes ("O Cheff Vegano do Bar Carrilo"). Entre os tres fan balanzo de como lles foi a tempada - non so no que atinxe ó Galego de Ralis senón tamén ás frugais bacanais que perpetran no Bar Carrilo cando chegan ás nove da mañán de pegada-; quen se perda esta longa e desternillante entrevista vaise arrepentir porque xa vos digo que é un kilombo do 15.


Non se queda atrás o "Talbot Horizón de Ramón do Camarón". Desta volta o "Bustamante do Tramo" pulveriza rexistros nunha clase de mecánica colosal, na que imos deprender si hai coches de marca branca, que é a varilla de acoplamiento, o motor do elevalunas e todo canto compre saber sobre a matrícula do coche (entre outras cousas, xa de corte mais escatoloxiquillo).


Como a entrevista cos tres tenores dura mais de media hora e o "Talbot" mais aínda, verqueremos so a primeira parte (hasta a varilla de acoplamiento ou así) e deixaremos para xoves que ven a segunda metade( sinón danos medianoite e as jaliñas sin jardar).
De sintidura obrigada ó mil por cen. Xa sabes, pola radio, pola web ou pola aplicación. Invitaremos a Felipe Dous Paus con Carlos Tres Paus (en tetra-brick):