Brais Mirón, "Talbot Horizón de Ramón do Camarón" (motor do elevalunas, matriculas)
play_arrow
14/12/2017

Brais Mirón, "Talbot Horizón de Ramón do Camarón" (motor do elevalunas, matriculas)

Abrimos o espazo de Motor de este xoves con Brais Mirón, copiloto de Álvaro Pérez. A pesares da súa xuventude, os noieses rematan a tempada cun capacho de logros importantísimos: campións da agrupación 3, campións en Volante FGA e a Beca PXP, que lles permite dar o salto ó Nacional para o ano. Brais fará resumo dunha tempada inesquencible que celebran este venres en Motor 94 con todo o seu equipo e a súa xente.
Despois embarcamos a dar un voltio no "Talbot Horizón de Ramón doCamarón", e botámonos á segunda parte da clase de mecánica que deixamos a levedar desde o pasado xoves, o "Bustamante do Tramo" fará explicacións categóricas en relative ó que lle é o motor do elevalunas e o misterioso mundo das matrículas. Ademais de algún asunto de corte escatolóxico que de xeito tan espontáneo como inagardado sempre xurde.
Invitaremos a todolos ouvintes-as a "Gin Guin" (Ginebra Fockin con licor de guindas).