Resumen2017: Víctor Senra, Pedro Burgo, Talbot repaso (intermitentes, potenciómetros mariposa, árboles transmisión).
play_arrow
21/12/2017

Resumen2017: Víctor Senra, Pedro Burgo, Talbot repaso (intermitentes, potenciómetros mariposa, árboles transmisión).

Os dous últimos programas de motor do ano ímollos adicar a repasar momentos destacados deste 2017 que fina: No de este xoves recolleremos un fragmento da entrevista con Víctor Senra o 2 de marzo, cando viña de gañar o primeiro rali do campionato galego que á postre se acabou levando. Tamén repescamos un anaco da entrevista con Pedro Burgo o 12 de xaneiro, cando estaba a piques de estrear o Skoda Fabia R-5 co que despois faría un gran papel no nacional.
Tamén o "Talbot Horizón de Ramón do Camarón" o adicaremos a clases de repaso. Refrescamos concetos coa do 23 de abril de 2015, cando falamos de como lles foi no Rali de Noia ese ano, coa gran actuación que tiveron e tamén co trompo no parque pechado. Na clase de mecánica deprendíamos o que son os árboles da transmisión, os intermitentes e o potenciómetro da mariposa. E o tío afónico perdido. Moi meritorio.