Heri Atán, Talbot H. de Ramón do Camarón (lanza - patatas , parte 1)
play_arrow
04/01/2018

Heri Atán, Talbot H. de Ramón do Camarón (lanza - patatas , parte 1)

Abrimos o tempo de Motor de este xoves con Heriberto Atán, flamante campión da Pirelly AMF no campionato galego 2017. Por fin lle chegou o trunfo que levaba anos percurando o piloto de Brens. Heri avalía como foi o campionato, falanos do seu copi Juan Gándara e de como se presenta a vindeira tempada, pois gañar unha copa, por meritorio que seña, non che deixa nada garantido para o ano seguinte. Pero o equipo Brens Racing non quere deterse eiquí.
Despois embarcamos a darlle o primeiro raite do ano no "Talbot Horizón de Ramón do Camarón"; viviremos un momento radiofónico histórico: o probamiento oficial, en rigurosísimo diferido, do invento mais terrible que se fixo desde que se fixo a Colchicina: O Lanza-Patatas. Chímpanas desde Somorto e chegan a Nebra!!! ademais na clase de mecánica saberemos que é o descansabacas, o cabrestante e os patíns da distribución: en canto nos manden vídeo dos primeiros lanzamentos baloquiles poñemolos nesta páxina.