Talbot Horizón de Ramón do Camarón (silenciador intermedio, doces de antroido, micción matinal primixenia)
play_arrow
08/02/2018

Talbot Horizón de Ramón do Camarón (silenciador intermedio, doces de antroido, micción matinal primixenia)

Programa de Motor, mais curto do habitual, xa que se nos caeu a ultimisima hora a entrevista con Sebastián Loeb, que se atopou indisposto logo de inxerir mel de velutina. Incrible pero... 
Si teremos un brilantisimo "Talbot Horizon de Ramón do Camarón". Colosal clase de mecánica con exaustivísimo explicamiento do silenciador intermedio, tan exhaustivillo foi que partimos a clase en dous anacos xa que é tan densa que tememos que o recibimento da ensinanza torne disperso nos alunos -as. Escachamolle a primeira parte e a segunda vaille xoves vindeiro. Ollo que estamos de antroido e ahí o Bustamante do Tramo saca a sua mellor versión.