Publicado el 11/11/2019

O Concello de Noia licita as obras para a recuperación ambiental do borde marítimo da costa de Abruiñeiras por case 60.000 euros

O Concello de Noia está a licitar as obras para a primeira fase da recuperación ambiental do borde marítimo da costa de Abruiñeiras. Un contrato cun orzamento base de licitación de 59.580 euros e un prazo de execución de tres meses para o que as empresas interesadas poderán presentar ofertas ata o vindeiro 15 de novembro no Rexistro Xeral do Concello de Noia.

Publicado el 08/11/2019

Lousame conmemorará o 25N coa V Andaina contra a violencia de xénero, a elaboración dunha curtametraxe por parte do alumnado do colexio e un espectáculo teatral pedagóxico

A concelleira de Igualdade de Lousame, Silvia Agrafojo, presidiu esta mañá a sexta reunión da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional fronte á Violencia de Xénero de Lousame. Unha reunión na que participaron Julio César López González, sarxento Garda Civil-Posto de Noia; Avelino Rivadulla, garda civil encargado das vítimas de VIOGEN; Julia Veiro Justo, psicóloga do CIM de Noia; Natividad Hermo Santos, traballadora social de Lousame; e Mónica Castaño Ourille, técnica da Concellería de Igualdade, xa que dende o centro de saúde e do colexio escusaron a súa presenza.

Publicado el 08/11/2019

SETE ORGANIZACIÓNS QUE TRABALLAN CONTRA A EXCLUSIÓN SOCIAL EN RIVEIRA ASINARON CONVENIOS DE COLABORACIÓN CO CONCELLO

Alcalde de Riveira e representantes de sete organizacións de carácter social que operan no noso municipio rubricaron esta mañá os convenios de colaboración polos que a administración local subvenciona distintos programas e iniciativas promovidos por estes colectivos para traballar contra a exclusión e a prol da integración no municipio riveirense.

Publicado el 08/11/2019

CURSO DE AUTODEFENSA PARA MULLERES ANTE SITUACIÓNS VIOLENTAS NA FIEITEIRA

A modo de preámbulo dos actos conmemorativos do Día Internacional da Violencia de Xénero do 25 de novembro, o Concello de Riveira a través do CIM promove a realización dun curso de autodefensa para mulleres ante situacións violentas que será impartido por especialistas da Federación Galega de Loita pertencentes ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.

Publicado el 08/11/2019

LÓPEZ MARQUÉS OFRECERÁ UNHA CHARLA SOBRE OS NOBEL DE LITERATURA EN LINGUA HISPANA PARA CLAUSURAR A EXPOSICIÓN DA BIBLIOTECA

O vindeiro xoves día 14, ás oito da tarde, o profesor de Lingua e Literatura Española Xabier López Marqués impartirá unha conferencia no Centro Cultural Lustres Rivas sobre os premios Nobel de literatura en lingua hispana, acto co que se clausurará a exposición bibliográfica homónima que está presente na Biblioteca Municipal desde o 1 de outubro.

Publicado el 07/11/2019

CONVOCADO O CONCURSO ESCOLAR DE DEBUXO E PINTURA NO QUE A OBRA GAÑADORA ILUSTRARÁ O CARTEL DE NADAL DO CONCELLO DE RIVEIRA

Por cuarto ano, o Concello de Riveira impulsa a través da súa área de Cultura un Concurso de Debuxo e Pintura para Escolares cuxa obra gañadora ilustrará o cartel de Nadal, ao igual que fixeron as alumnas Daniela Pena (do colexio Galaxia), Rosa Sanlés (do centro de Amicos) e Iria Paz (do colexio A Milagrosa de Oleiros) nas súas tres primeiras edicións.

Publicado el 07/11/2019

O Concello de Noia súmase por segundo ano á campaña “En negro contra as violencias”

O Concello de Noia súmase por segundo ano consecutivo á campaña de denuncia e sensibilización social contra a violencia de xénero “En negro contra as violencias”, á que actualmente están adheridos 118 municipios de diferentes cores políticas, tres deputacións provincias e máis de 8.000 axentes colaboradores. A concelleira de Servizos Sociais, Marisol Villar Ageitos, explica que “o obxectivo desta campaña é facer visible o rexeitamento da cidadanía ante calquera tipo de violencia contra as mulleres, polo que buscaremos a implicación do tecido asociativo, económico, cultural, deportivo e social de Noia para dar unha resposta colectiva ante as violencias”.

Publicado el 07/11/2019

O Obradoiro de Emprego Lousame-Noia 2019 formará a 20 alumnos e alumnas na modalidade de aproveitamentos agroforestais

A alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde Pais; o alcalde de Noia, Santiago Freire Abeijón; e a secretaria da Delegación Territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Patricia Rodríguez Franco, recibiron oficialmente esta mañá ao alumnado e profesorado que forman parte do Obradoiro de Emprego Lousame-Noia 2019. Un taller de formación dual que formará a un total de 20 persoas na especialidade de aproveitamentos forestais durante os próximos 9 meses e que conta cunha subvención de 336.446 euros por parte da Consellería de Economía, Emprego e Industria. Ao acto asistiron tamén o primeiro tenente de alcaldesa de Lousame e concelleiro de Obras, Ramón Martínez; e as concelleiras de Parques e Xardíns, Mariola López; e Relacións Veciñais de Noia, Beatriz Rodeiro.

Publicado el 07/11/2019

A Deputación acolle unha xornada sobre oportunidades de financiamento europeo para proxectos turísticos

Alcaldes, concelleiros e técnicos dos concellos da provincia da Coruña participaron esta mañá, na sede da Deputación da Coruña, na quinta edición das xornadas “Europa na provincia da Coruña”, organizadas polo centro Europe Direct da institución provincial e centradas temáticamente nesta ocasión nas oportunidades de financiamento europeo para proxectos turísticos impulsados polas administracións locais.

Publicado el 07/11/2019

LUZ VERDE Á COMPRA POR PARTE DO CONCELLO DE RIVEIRA DAS CONSTRUCIÓNS DE AREA SECADA RELACIONADAS COA INDUSTRIA DA SALGAURA

O Concello de Riveira informa de que a xunta de goberno local dou luz verde á adquisición dunha parcela de 821 metros cadrados de superficie en Area Secada. Na referida parcela, que se sitúa ao borde do deslinde marítimo-terrestre, xusto no punto de interconexión entre os paseos do Touro e A Ameixida, atópanse unhas construcións en estado ruinoso que estiveron destinadas no seu momento a faenas relacionadas co mar.

Publicado el 06/11/2019

UNHA VINTENA DE MAIORES PARTICIPANTES NOS TALLERES DE MEMORIA VISITAN A EXPOSICIÓN “O LABOR EN SILENCIO” NO MUSEO DE RIVEIRA

Unha vintena de veciños participantes no obradoiro de estimulación cognitiva (“taller de memoria”) incardinado no Programa de Dinamización dos Nosos Maiores fixeron unha visita á Sala Museo Municipal de Riveira para visitar a exposición “O labor en silencio”, que plasma a través de medio cento de fotografías o papel da muller no mundo laboral ao longo do século XX.

Publicado el 05/11/2019

O III Trail San Silvestre “Minas de San Finx” de Lousame abre hoxe o prazo de inscrición

O Concello de Lousame e o Club Lousame Deporte organizan por terceiro ano consecutivo o Trail San Silvestre “Minas de San Finx”, que terá lugar durante a mañá do domingo 29 de decembro. Unha proba para a que se ofertan un total de 450 prazas e cuxo prazo de inscrición abrirase hoxe mércores 5 de novembro, ás 22:00 horas, na web www.emesports.es.

Publicado el 04/11/2019

A Deputación da Coruña promociona o Camiño Inglés e o tramo Fisterra-Muxía na World Travel Market de Londres

Dende hoxe ata o mércores, a Deputación da Coruña participa en Londres na World Travel Market (WTM), unha das feiras de turismo máis importes de Europa, onde se amosan as novidades e plataformas de promoción do sector turístico. Ademais, ofrece espazos innovadores, creadores de tendencias, relacións comerciais e conferencias sobre o que está a suceder na industria turística.

Publicado el 04/11/2019

O Concello de Lousame ofrece mañá martes unha sesión formativa gratuíta sobre como xestionar as emocións coas crianzas

O Concello de Lousame organiza mañá martes 5 de novembro, ás 17:20 horas, unha sesión formativa gratuíta sobre como xestionar as emocións cosas crianzas, que terá lugar na aula de usos múltiples do CPI Plurilingüe Cernadas de Castro. Dirixido a familias e alumnado dende 5º de Primaria ata 4º ESO, a participación é libre e de balde, sen necesidade de inscrición previa.

Publicado el 04/11/2019

UNHA NOVA VECIÑA CENTENARIA EN RIVEIRA

A veciña de Santa Uxía de Riveira Áurea Santos Lijó vén de cumprir cen anos de vida e con tal motivo os seus achegados quixeron conmemorar onte domingo esta excepcional efeméride cunha misa na igrexa parroquial proseguida dunha comida familiar.

Publicado el 03/11/2019

Víctor González Horta e Tina Fernández gañan a V Carreira Popular Pilar Barreiro Senra

Os atletas Víctor González Horta (Comesaña) e Tina Fernández (Club Atletismo Sar Vermú Petroni), na modalidade 10K, e Fernando Pérez Fernández “Dete” (Senbal Team) e Inés Papin Estévez (Club Atletismo Sada), na modalidade 5K, foron os gañadores da V Carreira Popular Pilar Barreiro Senra, que congregou hoxe domingo a 250 atletas (134 na proba absoluta e 116 nas probas escolares).