Publicado el 27/03/2020

A AUTORIZACIÓN DA XUNTA A EXLABESA PARA A AMPLIACIÓN DAS SÚAS INSTALACIÓNS PERMITIRÁ Á EMPRESA CREAR 200 EMPREGOS

O Consello da Xunta acordou hoxe a aprobación definitiva do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal para a ampliación e mellora das instalacións que Exlabesa ten no polígono industrial situado entre os concellos de Padrón e Rois (A Coruña). Así, a empresa prevé aumentar e modernizar a súa superficie e xerar 200 postos de traballo, contribuíndo ao impulso da actividade económica e industrial da comarca.

Publicado el 27/03/2020

O Concello de Noia intensifica e amplía as tarefas de limpeza e desinfección no municipio

O Concello de Noia está a intensificar e ampliar os traballos de limpeza e desinfección para evitar a propagación do coronavirus COVID-19. Uns traballos para os que dende onte conta con novo material achegado pola Delegación Provincial da Xunta de Galicia e consistente en mascarillas, luvas e equipos de protección integral que foron recollidos na xornada de onte e repartidos entre o persoal municipal de Protección Civil que se encarga das limpezas.

Publicado el 26/03/2020

O Concello da Pobra do Caramiñal quere agradecer o traballo que están a realizar no Fab Lab da Casa da Mocidade

O Concello da Pobra do Caramiñal quere agradecer o traballo que están a realizar no Fab Lab da Casa da Mocidade varias persoas voluntarias, entre as que destacan Carlos Dasilva, da empresa Tecelán, e Martín González. O concelleiro de Seguridade, Mocidade e Participación Veciñal, José Andrés Lojo encargouse de coordinar o traballo e de subministrar o material necesario.

Publicado el 26/03/2020

A Deputación abre en Sabón un punto de apoio a camioneiros

A Deputación da Coruña instalou esta mañá na súa parcela situada á entrada ao polígono industrial de Sabón (Avenida da Deputación, Parcela 3) un punto de apoio a transportistas e camioneiros, na que estes profesionais disporán de duchas e lavabos para poder asearse.

Publicado el 23/03/2020

O Concello de Noia axiliza o abono dunha subvención nominativa a Cáritas Noia

O Concello de Noia, a través da Concellería de Economía e Facenda, vén de axilizar os trámites administrativos para proceder ao abono dunha subvención nominativa de 17.000 euros á asociación Cáritas de Noia. Trátase dunha medida adoptada “para que dende a asociación poidan continuar coa gran labor de atención que ofrecen ás persoas máis vulnerables do municipio, sobre todo en materia de dispensación de alimentos e nestes complicados momentos de alarma sanitaria”, explica Laura Salgado, concelleira de Economía e Facenda.

Publicado el 19/03/2020

O Concello de Noia realiza traballos especiais de limpeza e desinfección no municipio

O Concello de Noia continúa aplicando medidas especiais de loita contra a propagación do coronavirus COVID-19. Entre estas actuacións figuran os traballos especiais de limpeza e desinfección levados a cabo nos últimos días en lugares de especial concorrencia veciñal, como o centro de saúde ou a estación de autobuses.

Publicado el 18/03/2020

O Concello de Noia agradece a doazón de 30 equipos completos de protección individual por parte da empresa noiesa AGMA SL

O Concello de Noia vén de recibir unha doazón de 30 equipos completos de protección individual (EPI´s) por parte de AGMA SL, empresa emprazada no polígono noiés de Augalevada e que se dedica á fabricación, venda e aluguer de equipos e materiais para descontaminación. O alcalde de Noia, Santiago Freire Abeijón, agradeceu a doazón “duns equipos necesarios e que serán empregados por integrantes de Protección Civil, Policía Local e persoas que atenden o servizo de axuda no fogar”.

Publicado el 17/03/2020

González Formoso afirma que o “pago puntual” a provedores e contratistas seguirá sendo un dos servizos esenciais da Deputación da Coruña “porque sabemos o moito que está en xogo, tamén no eido económico”

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, afirmou hoxe que o “pago puntual” aos provedores e contratistas, así como o das subvencións xustificadas, será un dos “servizos esenciais” nos que a institución provincial seguirá centrando os seus esforzos durante a crise sanitaria do coronavirus.

Publicado el 16/03/2020

A XUNTA INFORMA DE QUE NON SERÁ NECESARIO RENOVAR A DEMANDA DE EMPREGO ATA O 30 DE ABRIL DE 2020

A Consellería de Economía, Emprego e Industria informa de que, tal e como se acordou polo Centro de Coordinación Operativa (Cecop) de Galicia, a rede de oficinas de emprego do Servizo Público de Emprego de Galicia pecha desde hoxe as súas portas ao público para ofrecer aos cidadáns atención tanto telefónica como telemática para a realización dos trámites urxentes, debido ás medidas adoptadas pola evolución epidemiolóxica do coronavirus COVID-19.

Publicado el 14/03/2020

O Pleno de Lousame aproba por unanimidade a adxudicación do SAF dependencia á empresa Sanamede SL por case 450.000 euros

O Pleno municipal extraordinario do Concello de Lousame acordou por unanimidade adxudicar o Servizo de Axuda no Fogar (SAF) para persoas dependentes á empresa Sanamede SL, “por ser a oferta mellor valorada en canto a calidade e prezo do servizo”, explicou a alcaldesa Teresa Villaverde. Unha adxudicación por un prezo de 14,4 euros/hora (sen IVE) e 14,98 euros/hora (con IVE) por un período de 12 meses non prorrogables.

Publicado el 13/03/2020

O Concello de Noia acorda a suspensión de todas as actividades municipais e o peche de todas as instalacións municipais durante 14 días, prorrogables en caso de necesidade

O Concello de Noia vén de acordar unha serie de medidas preventivas para evitar a propagación do Coronavirus COVID-19, tomadas esta mañá nunha xuntanza de voceiros de todas as forzas municipais convocada polo alcalde Santiago Freire Abeijón. Despois deste encontro, o Concello de Noia decretou a suspensión de todas as actividades que se realicen ou estean programadas realizar nos distintos centros públicos do municipio por un período de 14 días.

Publicado el 13/03/2020

A Deputación aproba novas medidas para a contención do coronavirus

A Deputación da Coruña aprobou hoxe novas medidas organizativas para frear a propagación do Coronavirus (Covid-19). Tras as reunións da comisión de seguemento e do comité de seguridade e saude, o Goberno provincial decidiu aprobar, entre outras, as seguintes medidas, complementarias ás anunciadas onte:

Publicado el 12/03/2020

O Concello de Noia acorda o peche temporal do Club de Xubilados e a suspensión de todas as actividades programadas dende hoxe xoves

O Concello de Noia vén de acordar o peche temporal das instalacións do Club de Xubilados de Noia, emprazadas na Praza do Tapal número 8, a partir de hoxe 12 de marzo como medida de prevención fronte ao avance do Coronavirus COVID-19. Unha decisión que inclúe a suspensión de todas as actividades programadas polo Concello de Noia nestas instalacións ata novo aviso.

Publicado el 12/03/2020

Lousame abre do 16 de marzo ao 15 de abril o prazo de reserva de praza no Punto de Atención á Infancia para o curso 2020-2021

O Concello de Lousame informa de que o período para a reserva de praza no Punto de Atención á Infancia, centro para menores de 0 a 3 anos, estará aberto entre o próximo luns 16 de marzo e o 15 de abril. As persoas interesadas poden dirixirse aos Servizos Sociais municipais, onde se lles facilitará a información e a documentación precisa, ou descargar a solicitude da páxina web municipal: www.concellodelousame.gal.

Publicado el 11/03/2020

O Concello de Lousame apraza a II Xuntanza de Maiores prevista para este domingo

O Concello de Lousame decidiu aprazar a II Xuntanza dos Maiores de Lousame como medida de precaución e seguindo as recomendacións das autoridades sanitarias para previr a propagación do coronavirus COVID-19. Unha xuntanza inicialmente programada para este domingo 15 de marzo, ás 14:00 horas, no restaurante Trapeiro.