DECENAS DE VECIÑOS DESAFIARON O MAL TEMPO PARA HONRAR O DESCUBRIMENTO DA ESCULTURA HOMENAXE ÁS VÍTIMAS DA VIOLENCIA DE XÉNERO

DECENAS DE VECIÑOS DESAFIARON O MAL TEMPO PARA HONRAR O DESCUBRIMENTO DA ESCULTURA HOMENAXE ÁS VÍTIMAS DA VIOLENCIA DE XÉNERO

Escrito el 05/04/2019


Ni sequera a chuvia e a colosal sarabia que caían nese momento desluciron o acto de descubrimento de Venus: a escultura en memoria das vítimas da violencia de xénero que se erixe dende hoxe e de forma permanente na remodelada praza Heroínas de Sálvora ao lado do mercado municipal.

 

Decenas de persoas acudiron ao acto e, desafiando o mal tempo, escoitaron as intervencións dunha estudante do colexio Bayón, dunha representante da Asociación de Amas de Casa e dunha cidadá en representación das mulleres do municipio, lendo poemas e outros escritos alusivos.

 

Falou por último o autor da obra, Fernándo Yúñez, para explicar o significado dunha escultura en forma de pirámide invertida repleta de calzado de cor vermella cuxos vértices están orientados aos catro puntos cardinais.

 

Tras a intervención de Yáñez os alí presentes prorromperon en aplausos para poñer fin a un evento organizado polo Concello a través do Centro de Información da Muller e no que estiveron presentes os representantes de distintos grupos municipais.