UN TOTAL DE 320 PERSOAS PARTICIPARÁN NA CHOCOLATADA EN HOMENAXE AOS MAIORES QUE ORGANIZA A ASOCIACIÓN DE AMAS DE CASA

UN TOTAL DE 320 PERSOAS PARTICIPARÁN NA CHOCOLATADA EN HOMENAXE AOS MAIORES QUE ORGANIZA A ASOCIACIÓN DE AMAS DE CASA

Escrito el 05/04/2019


Un total de 320 maiores participarán este domingo na chocolatada que en homenaxe a este colectivo organiza a Asociación de Amas de Casa coa colaboración do Concello.

 

A presidenta da entidade, Puri Cores, e a concelleira de Servizos Sociais Esther Patiño deron a coñecer unha actividade que se prevé arranque ás 17 horas no restaurante Baiuca e está dirixida a persoas maiores de 65 anos.

 

Sobre o novo emprazamento en relación a edicións anteriores (cando tiña lugar no Liceo Marítimo) Cores aludiu ao aforo e a cuestións de mobilidade para explicar tal cambio. Haberá autobuses a partir das 16.15 horas dende a estación.

 

O chocolate estará acompañado de churros e rosca e o evento amenizado pola vocalista Mar Davila. Puri Cores, que agradeceu a colaboración inestimable do Concello e incidiu na importancia de levar consigo a correspondente entrada.