EN MARCHA AS OBRAS PARA A INSTALACIÓN DUNHA LIÑA DE PLUVIAIS NO ENTORNO DO CRUCE DO VILAR NA PARROQUIA DE CARREIRA

EN MARCHA AS OBRAS PARA A INSTALACIÓN DUNHA LIÑA DE PLUVIAIS NO ENTORNO DO CRUCE DO VILAR NA PARROQUIA DE CARREIRA

Escrito el 08/04/2019


O Concello de Riveira informa de que principiaron as obras para a instalación dunha liña de pluviais no entorno do cruce do Vilar, na parroquia de Carreira: unha actuación dirixida a recoller as augas superficiais da zona de Frións e canalizalas ata unha rede situada na rotonda para evitar que se produzan encharcamentos e inundacións.

 

A obra, financiada con fondos municipais, está sendo desenvolvida por Construccións Anspal, S.L.. Comporta un investimento de 25.228 euros e o seu prazo de execución é dun mes e medio.

 

Conforme ao proxecto técnico elaborado, se está a instalar unha rede de pluviais formada por 175 metros de tubaxe de PVC de 315 milímetros de diámetro, 7 pozos de rexistro e 12 arquetas sumidoiro.

 

O pavimento do ramal afectado será renovado por completo, ademais de repoñer un tramo de beirarrúa.