MEDIO CENTO DE VECIÑOS PRINCIPIARON UNHA NOVA EDICIÓN DOS CAMIÑOS DE COÑECEMENTO E EXPERIENCIA DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO

MEDIO CENTO DE VECIÑOS PRINCIPIARON UNHA NOVA EDICIÓN DOS CAMIÑOS DE COÑECEMENTO E EXPERIENCIA DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO

Escrito el 09/04/2019


Medio cento de maiores do municipio principiaron na tarde de onte unha nova edición —a terceira xa– dos Camiños de Coñecemento e Experiencia organizados pola Universidade de Santiago a través do IV Ciclo coa colaboración de Concello de Riveira, Xunta e Deputación.

 

A iniciativa comezou coa charla que, baixo o titulo “A herdanza: sucesión por causa de morte segundo o Dereito galego e o estatal” impartiu no Centro Cultural Lustres Rivas o profesor da Facultade de Dereito da USC Xaime Manuel Requeixo Souto.

 

Proseguirá nos próximos días con estas accións tanto teóricas como prácticas:

 

10/04/2019 16:30-18:00h. A Economía Circular: “O novo reto socioeconómico que xa está aquí”.

D. Gumersindo Feijoo Costa, Catedrático de Enxeñaría Química da Escola Técnica Superior de Enxeñaría (USC) e Vicerreitor de Planificación e Proxección Estratéxica da USC.

Dna. María Teresa Moreira Vilar, Catedrática de Enxeñaría Química na Escola Técnica Superior de Enxeñaría da (USC)

 

11/04/2019 16:30-18:00h. Práctica de A Economía Circular: “O novo reto socioeconómico que xa está aquí”.

D. Gumersindo Feijoo Costa, Catedrático de Enxeñaría Química da Escola Técnica Superior de Enxeñaría (USC) e Vicerreitor de Planificación e Proxección Estratéxica da USC.

Dna. María Teresa Moreira Vilar, Catedrática de Enxeñaría Química na Escola Técnica Superior de Enxeñaría da (USC)

 

16/04/2019  16:30-18:00h O Cine como Linguaxe

D. Álvaro Dosil Rosende. Grupo de Investigación 3ª Xeración e Bolseiro da Oficina de Desenvolvemento Sostible (USC)

 

22/04/2019  16:30-18:00h Práctica O Cine como Linguaxe

D. Álvaro Dosil Rosende. Grupo de Investigación 3ª Xeración e Bolseiro da Oficina de Desenvolvemento Sostible

 

24/04/2019 16:30-18:00 h. Práctica A herdanza: sucesión por causa de morte segundo o Dereito galego e o estatal

Prof. Dr. Xaime Manuel Requeixo Souto. Facultade de Dereito (USC)

 

25/04/2019 16:30-18:00 h. Xeografía física da costa galega. Orixe, evolución e orixinalidade do noso litoral

Prof. Juan López Bedoya. Facultade de Xeografía e Historia (USC)

 

26/04/2019 16:30-18:00 h. Roteiro pola costa

Prof. Juan López Bedoya. Facultade de Xeografía e Historia (USC)