BASES DO XII CONCURSO DE PINTURA AO AIRE LIBRE “JUAN JOSÉ FERNÁNDEZ LEICEAGA” (Sesé), día 27 de abril 2019

BASES DO XII CONCURSO DE PINTURA AO AIRE LIBRE “JUAN JOSÉ FERNÁNDEZ LEICEAGA” (Sesé), día 27 de abril 2019

Escrito el 10/04/2019


O Concello de Noia (A Coruña) convoca o  XII Concurso de Pintura ao aire libre “Juan José Fernández Leiceaga” (Sesé).

 

BASES:

 

1.- Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen.

        

2.- Dito certame terá lugar na vila de Noia o sábado  27 de abril de 2019.

 

3.- Inscrición y selado de telas y soportes: a inscrición e selado das teas e soportes elexidos polos  artistas terá lugar o mesmo día 27 de abril a partir de 08:30 h. ata as 11:30 h. No Teatro “Coliseo Noela” de Noia, sito na Praza do Curro.

 

4.- Temática: o tema obrigado do concurso   será o casco urbano e arredores da vila de Noia e, necesariamente, as obras deberán ser pintadas en directo, “in situ” .

 

5.- Categorías: haberá tres categorías: adultos (de 17 anos en diante), infantil (de 4 a 10 anos) e xuvenil (de 11 a 16 anos).

 

6- Medidas y técnica:

Categoría adulta (17 anos en diante):  tamaño mínimo 81X65 cm (25F), tamaño máximo 100X81 cm (40 F)

Categoría xuvenil (de 11 a 16 anos): Tamaño mínimo 50X61 cm (12F), tamaño máximo 100 X81 cm (40F).

Categoría infantil (de 4 a 10 anos): medidas serán  elexidas polos propios participantes.

 

O soporte poderá ser branco ou en cor base sen texturas e as obras poderanse realizar en calquera técnica: óleo, acrílico, acuarela, etc.

 

O artista virá provisto de todo o material necesario para  a execución da súa obra incluído o cabalete para expoñer a pintura realizada.

 

Admitirase unha soa obra por concursante e presentaranse  sen asinar.

 

7.- Recepción das obras: Entregaranse no Teatro “Coliseo Noela” en horario de 15:00 a  15:45 h.  que se dá por rematado o tempo de realización e presentación das obras.

 

8.- Premios:

  • 1º Premio………………………………… 2.000 €
  • 2º Premio………………………………… 1.500 €
  • 3º Premio………………………………..  1.000 €
  • Premio JUAN JOSÉ FERNÁNDEZ LEICEAGA…… 1000 € (patrocinado por Saladina Leiceaga Baltar e fillos).
  • PREMIO NOVOS VALORES ……….  1.000 € (patrocinado pola Fundación Otilia Millares Vázquez).
  • PREMIO”ESTUDIO TÉCNICO Luis F.”Chispa”… 700 € (patrocinado por Estudio Técnico Luis F. Chispa).
  • PREMIO “GRAFINOIA”……….   600 € (patrocinado por Grafinoia)
  • Accésit     ………………………………..     250 €
  • Accésit     ………………………………..     250 €
  • Accésit     …………………………………    250 €

 

PREMIO CATEGORÍA  DE 11 A 16 ANOS

  • 1º Premio………………………………… 200 €
  • 2ª Premio…………………………………    100 €

 

PREMIOS CATEGORÍA INFANTIL DE 4 A 10 ANOS (patrocinados por Escola  Infantil Golfiños de Noia)

 

  • 1ª Premio……………………………….Diploma +  vale de  60 € en material de pintura, libros,  didáctico,.. a canxear  nunha  librería local.
  • 2º Premio………………………………. Diploma+ vale de  40 € en material de pintura, libros,  didáctico,.. a canxear nunha  librería local.
  • 3º Premios …………………………….. Diploma+  vale de 20 € en material de pintura, libros,  didáctico,.. a canxear  nunha  librería local.

 

 

Procedemento de pago do  1º, 2º e 3º premio, accésits, categoría de 11 a 16 anos e premio “Estudio Técnico Luis F. Chispa”:  os premios estarán suxeitos á lexislación fiscal aplicable  realizándose o seu pago mediante transferencia bancaria. Para o pago do premio os autores deberán presentar   certificación da conta bancaria e copia do DNI así como o modelo de declaración responsable conforme se  cumpren todos os requisitos do artigo 10 da lei 9/2007, de 13 de xuño de subvencións de Galicia para obter a condición de beneficiario dunha subvención pública.   O pago realizarase nos vinte  días hábiles seguintes á presentación da antedita documentación.

 

Os premios están consignados na  partida 338.48000, atopándose retido o crédito necesario.

 

Procedemento de pago para os  restantes premios: o  pago do premio farase mediante  cheque que será entregado polos patrocinadores aos autores das obras premiadas o mesmo día da celebración do  certame.

 

9.- O xurado: estará composto polas seguintes persoas:

 

Presidente: Alfonso Costa Beiro sen  voz e sen voto.

Secretario/a:Traballador/a do Concello de Noia, sen voz e sen voto.

Vogais: O concelleiro delegado de cultura e  catro persoas de recoñecido prestixio dentro do mundo da arte.

A súa decisión será inapelable e basearase na análise de calidade e do valor artístico das obras presentadas a concurso, así como que as obras se adapten ao tema obrigado do concurso, o casco urbano e os arredores da vila de Noia.

 

O xurado poderá declarar deserto calquera dos premios se as obras presentadas non  acadan a calidade suficiente.

 

10.- Decisión do concurso: os membros do xurado emitirán a decisión do  concurso, que será inapelable,   ás  18:30 horas no  Teatro “Coliseo Noela” de Noia

A continuación realizarase a entrega de premios.

 

11.- Propiedade das obras: as obras galardoadas co primeiro, segundo e terceiro premio quedarán en propiedade do Concello de Noia, así como os dereitos de reprodución e publicación.

 

As obras premiadas deberán ser asinadas polos artista, unha vez se coñeza a decisión do xurado.

As obras premiadas  por Saladina Leiceaga Baltar e fillos, e pola Fundación Otilia Millares Vázquez pasarán a ser propiedade das mesmas.

As obras premiadas polas empresas Grafinoia e Estudio Técnico Luis F. Chispa pasarán  a ser propiedade das mesmas.

 

As obras gañadoras dos tres accésits  e as premiadas nas categorias infantil e xuvenil serán devoltas aos seus autores.

 

 

12.- Exposición e venda: (días 27 de abril): o conxunto de obras  participantes permanecerán expostas no  Teatro  Coliseo Noela, sala de exposicións,  pasillos e soportal para ser contempladas polos visitantes e tamén para a súa posible venda dende as 19:00 h. ata as 21:00 h. do 27 de abril de 2019.

 

Para a retirada da obra será necesaria a presentación do DNI ou documento que acredite a identidade do autor.

 

A organización velará polo coidado das obras, aínda que non se responsabiliza dos danos que puideran sufrir durante a exposición.

 

13. Outras consideracións: A información persoal proporcionada polos participantes será tratada dacordo co disposto na Lei Orgánica 15/1999 do 13 de decembro sobre a Protección de Datos Persoais. A organización resérvase o dereito de interpretación das bases, co único obxectivo de favorecer o desenvolvemento do concurso.

 

Email de contacto:  sesecertamen@gmail.com

 

Noia, 10 de marzo de 2019

O concelleiro de cultura

 

José Pérez Martínez

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

     MODELO DE DECLARACIÓN RESPONSABLE

 

D/Dona ______________________________________________________, titular do documento nacional de identidade _________________ como nai/pai/titor ou responsable de  __________________________________         gañador/a do certame de pintura ao aire libre “Juan José Fernández Leiceaga” (Sesé) celebrado en Noia o 23 de abril  de 2016, declaro responsablemente, tal e coma prevé o artigo 13 do Decreto 11/2009, de 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da devandita lei, cumprir todos os requisitos recollidos no artigo 10 da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia para obter a condición de beneficiario dunha subvención pública.

 

Noia, a ____ de _____________ de 2016.

 

 

Asdo.:_____________________________