OS PORTOS DE MUROS E ESTEIRO CONTAN CON NOVAS MÁQUINAS DE PESADA DE PALÉS QUE MELLORAN AS CONDICIÓNS DE TRABALLO

OS PORTOS DE MUROS E ESTEIRO CONTAN CON NOVAS MÁQUINAS DE PESADA DE PALÉS QUE MELLORAN AS CONDICIÓNS DE TRABALLO

Escrito el 13/04/2019


A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, asinou esta semana a recepción técnica de equipamentos que permite dotar os portos de Muros e Esteiro de novas máquinas de pesada de palés cunha capacidade mínima de ata 1.500 quilos. Este é un paso administrativo obrigatorio que permite a entrada en funcionamento destes equipos, un en cada peirao, que contribuirán a incrementar o control e a trazabilidade dos produtos desembarcados e a mellorar as condicións de traballo do persoal que realiza as tarefas de pesada.

 

As dúas máquinas recibidas esta semana están fabricadas en perfilaría de aceiro inoxidable e contan cun visor e unha plataforma de pesada en forma de U apoiada no chan. Ademais, dispoñen dunha asa no perfil de unión das palas para permitir o seu levantamento e roletes na parte inferior das mesmas para poder arrastralas. Entre as súas características tamén está a de dispor de catro pés de apoio regulables en altura que facilitan a súa nivelación. A maiores, contan con conexión tanto á rede eléctrica como a internet e cunha batería con posibilidade de recarga de longa autonomía. Estes dous equipamentos están incluídos nun contrato cun orzamento de máis de 22.000 euros para a dotación de nove dispositivos que se reparten entre estes dous portos e os de Portosín (con dúas máquinas), Cariño (con outras dúas), Porto do Son, Ferrol e Camariñas.