O CONCELLO REFORZA A SEGURIDADE NO SOLAR SITUADO ENTRE AS RÚAS LUGO E CORREOS

O CONCELLO REFORZA A SEGURIDADE NO SOLAR SITUADO ENTRE AS RÚAS LUGO E CORREOS

Escrito el 07/05/2019


O Concello de Riveira entablou as medidas necesarias para reforzar a seguridade no contorno do solar situado entre as rúas Lugo e Correos na cidade de Santa Uxía.

 

Trátase dunha parcela na que existe un edificio en construción en fase de estrutura que quedou paralizado a raíz do falecemento do seu promotor. A efectos de eliminar posibles riscos, se vai levantar un muro de contención para evitar o deterioro de parte da rúa Correos, así como levar a cabo as operacións precisas de limpeza de maleza sobre o desmonte fronte a esta mesma rúa.

 

Asemade, sanearase o actual peche de malla metálica, reporase parte da varanda que protexe o perímetro da escavación e adoptaranse outras accións que redunden no ornato, salubridade e seguridade, incluíndo a reparación e reparación de beirarrúa en mal estado no tramo da rúa de Lugo.

 

As actuacións comportan un importe de 15.144 euros e están sendo executadas por Espacios Arquitectónicos DMLAR. Os traballos xa comezaron esta semana.