RECITAL DE PIANO DE ÁLVARO SIEIRA, MAÑÁ NO CONSERVATORIO RIVEIRENSE ENRIQUE PAISAL

RECITAL DE PIANO DE ÁLVARO SIEIRA, MAÑÁ NO CONSERVATORIO RIVEIRENSE ENRIQUE PAISAL

Escrito el 07/05/2019


Mañá mércores 8 de maio ás 18.30 horas terá lugar un recital de piano a cargo do antigo alumno do centro Álvaro Sieira.


Álvaro Sieira está rematando os seus estudos de superior en Coruña e mañá ofreceranos un programa coa Sonata en si m S. 178, Ungarische Rhapsidie Nr 6 e Libestraume Nr 3, todo do compositor Franz Liszt. A entrada é de balde e aberta a todo o público. 

 

Obradoiro para as probas de acceso

Noutra orde de cousas, onte 6 de maio arrincou unha nova edición do Obradoiro de preparación para a proba de acceso aos estudos oficiais no Conservatorio de Música Profesional de Riveira "Enrique Paisal".


Un total de 40 nenos e nenas están inscritos o que supón un aumento de case un 30% con respecto ao ano pasado.

Este obradoiro ten como obxectivo dar unhas nocións básicas de como vai ser esa proba de acceso obrigatoria en tódolos conservatorios para acceder a estudar un instrumento oficialmente.

A proba de acceso terá lugar a finais de xuño e hai un prazo de matrícula para a mesma que comeza o 20 de maio e remata o 7 de xuño.