CHARLA INFORMATIVA SOBRE AUTORIZACIÓNS DE RESIDENCIA EN ESPAÑA NO VIVEIRO DE EMPRESAS

CHARLA INFORMATIVA SOBRE AUTORIZACIÓNS DE RESIDENCIA EN ESPAÑA NO VIVEIRO DE EMPRESAS

Escrito el 08/05/2019


Os Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Riveira van desenvolver o vindeiro xoves 23 de maio ás 11.00 horas no Viveiro de Empresas unha sesión informativa sobre autorizacións de residencia para persoas inmigrantes.

 

Trátase dunha información básica introdutoria, destinada tanto ás persoas inmigrantes e os seus familiares, como a persoal técnico ou voluntario, e tamén empresas que queren facer un precontrato a unha persoa inmigrante e non saben.

 

Vaina impartir a avogada especializada que está a facer o asesoramento xurídico do programa de Atención de Inmigrantes do Concello de Riveira.

 

Require inscrición previa, para controlar que o aforo sexa suficiente. (no caso de superar as 20 persoas, cambiaríase para outro emprazamento).

 

Adscríbese a unha operación cofinanciada polo Fondo Social Europeo da UE e a Xunta de Galicia.