O CONCELLO EXHIBE NO CONSISTORIO MUNICIPAL 45 LINÓLEOS DE PABLO PICASSO

O CONCELLO EXHIBE NO CONSISTORIO MUNICIPAL 45 LINÓLEOS DE PABLO PICASSO

Escrito el 08/05/2019


Dende esta mañá a Casa Consistorial de Riveira está a exhibir unha nova exposición formada por 45 linóleos creados polo inmortal artista Pablo Ruiz Picasso.

 

A apertura da mostra contou coas intervencións do concelleiro David Fernández e de Pastor Rodríguez como director do Museo do Gravado de Artes, de onde provén esta colección.

 

Estes case medio cento de sensacionais gravados foron publicados nun libro de edición limitada do ano 1963 en Barcelona. Como curiosidade, cómpre destacar que algunha destas obras esconde figuras aparecidas en maxistrais composicións do autor malagueño como o cabalo do Guernica, ademais da súa esposa Jacqueline.

 

David Fernández salientou o feito de que aqueles que pasen polo Concello a algunha xestión poderán disfrutar de paso con esta exposición.

 

Exhibirase ata o 5 de xuño.